Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda incide na necesidade de acelerar a homologación de títulos universitarios estranxeiros

Rueda incide na necesidade de acelerar a homologación de títulos universitarios estranxeiros

Cre que "non ten moita lóxica" que siga habendo impedimentos para contratar a estas persoas que veñen de fóra polos trámites burocráticos

Participou na entrega de diplomas das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior

Alfonso Rueda destaca o papel deste programa educativo para promover o talento de retorno

G24.gal 18/06/2025 14:56

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este mércores na necesidade de acelerar a homologación de títulos universitarios para estranxeiros porque "non ten moita lóxica" que siga habendo impedimentos para contratar a estas persoas que veñen de fóra polos trámites burocráticos.

Durante o acto de entrega de diplomas aos beneficiarios do programa Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2024/2025, acompañado dos conselleiros de Educación, Román Rodríguez, e Emprego, José González, dixo que hai que "acabar con esta situación" que afecta a moitos dos bolseiros diplomados este mércores.

Este programa ofreceu este curso unha nova convocatoria de 250 bolsas para estudos de máster nunha universidade pública de Galicia e dirixidas a persoas galegas que estean a residir no estranxeiro.

"Non ten moita lóxica que poidades vir, porque tedes un título, a facer un máster e que despois ese título, que dá dereito a facer un máster, tarde tantísimo tempo en recoñecerse, cando se recoñece", considerou Rueda, recollendo tamén as palabras do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López.

Rueda dixo que hai que "tentar arranxalo" porque se unha empresa está a desexar contratar a estes bolseiros non pode "resignarse a que tarde moitísimo tempo" polos "trámites burocráticos".

Rueda, destacou o papel desta iniciativa como ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega.

"Agora que Galicia é unha terra que ofrece moitas oportunidades, que medra e que vai seguir medrando se seguimos facendo as cousas con sentidiño, necesitamos que nos botedes unha man a seguir mellorando".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade