Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas

Goberno e comunidades tratarán este mércores a repartición de menores migrantes sós

09/07/2024 18:38

O obxectivo será abordar a reforma do artigo 35 da lei de estranxeiría para que as comunidades autónomas acollan nenos migrantes non acompañados de forma "solidaria e vinculante"

A reforma depende do apoio do PP, ao que o Goberno pediu este martes "responsabilidade" e "altura de miras"

Vox avisou o PP que dará por rotos os pactos autonómicos se non evita esa repartición de menores migrantes

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  INMIGRACIÓN


Imaxe de arquivo

Garamendi acusa o Ministerio de Traballo de ir contra as empresas ao querer reducir a xornada laboral

09/07/2024 16:54

"A min non me teñen que convidar a ningunha mesa. Eu son a mesa, son parte da mesa", dixo o presidente dos empresarios

Etiquetas:  XORNADA LABORAL

Imaxe de arquivo da AP-9

O tráfico na estrada de Figueirido, entre a N-550 e a AP-9, permanecerá cortado por obras desde o mércores

09/07/2024 16:38

Segundo informou o Ministerio de Transportes, as repercusións no tráfico terán unha duración aproximada de tres meses


Moven un bloque de pedra de máis de 500 quilos e estacionan nunha zona protexida

09/07/2024 16:24

Veciños e traballadores da zona están fartos dos seus comportamentos incívicos


Armas de aire comprimido incautadas ao agredido (Policía Local de Cangas)

Seis persoas disfrazadas de pallaso atacan un mozo en Cangas cun bate e armas de simulación

09/07/2024 16:18

O agredido e un compañeiro seu tamén son coñecidos por intervencións policiais anteriores e a investigación apunta a un axuste de contas por venda de drogas

A policía incautouse de dúas armas de aire comprimido que tiñan na casa os agredidos e atopou o coche co que supostamente fuxiron os agresores


Smartz4milk, un proxecto de futuro orientado a modernizar e dixitalizar o sector lácteo

09/07/2024 15:59

O proxecto está promovido por Clusaga (Agrupación industrial Alimentaria de Galicia) e liderado polo Grupo Lence

Galicia é a principal produtora de leite de España e sitúase entre as dez primeiras de Europa


Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, na súa visita ao Grupo Copo

A Xunta anuncia un novo apoio de 4 millóns de euros para a automoción de Galicia

09/07/2024 15:47

As axudas anunciadas por Lorenzana incluiranse no borrador do plan director da automoción, que será presentado a próxima semana

Súmanse aos 18 millóns previamente anunciados, co obxectivo de apoiar o sector na súa transición cara a unha mobilidade sostible


Detido Nacho Cano por contratar, supostamente, inmigrantes en situación irregular

09/07/2024 15:47

O antigo membro de Mecano quedou en libertade tras prestar declaración para explicar a contratación de inmigrantes no musical que representa en Madrid desde 2022

As detencións producíronse por mor de varias denuncias interpostas polos traballadores do espectáculo

Para o artista trátase dunha persecución por ser amigo de Ayuso


A Audiencia Nacional estuda preguntarlle á Xustiza europea pola amnistía dos CDR polas dúbidas sobre a lei

09/07/2024 15:46

Os maxistrados consideran que "limitar a exclusión da amnistía ás violacións máis graves de dereitos humanos en materia de terrorismo é contrario ao que un Estado de dereito debe perseguir sempre, a erradicación e a eliminación de toda forma de terrorismo"

Ao seu xuízo, "existen serias dúbidas sobre se a distinción entre terrorismo de “baixa intensidade” e o resto de terrorismo pode compaxinarse co dereito da Unión Europea.



O TSXG confirma a pena de catro anos de cárcere para un home por violar unha menor en Ourense

09/07/2024 15:38

Entende que “a declaración da vítima, a da súa amiga, a da súa nai e o informe dos peritos constitúen un arsenal probatorio de cuxa entidade non se pode dubidar"

Os maxistrados entenden que o seu diagnóstico de esquizofrenia paranoide non afectou o desenvolvemento dos feitos


Arquivo (Europa Press)

Begoña Gómez non terá que asistir á declaración de Barrabés tras recibir este a alta

09/07/2024 15:10

O xuíz Peinado tiña previsto tomarlle declaración no hospital e darlle valor de "proba preconstituída" con validez durante todo o proceso, incluso no caso de falecemento, polo que advertira a muller de Pedro Sánchez de que debía estar presente e, de non ser así, podía ser detida


Dispáranse os pagamentos con tarxeta que levan aparellados comisións para os comercios

09/07/2024 14:54

En España a media das comisións roza o 0,3%

Os usuarios din que os pagamentos con tarxeta son máis cómodos

Etiquetas:  COMERCIO   BANCA

Chega remolcado ao porto de Valencia o transbordador que quedou á valga por un incendio

09/07/2024 14:46

Un incendio na sala de máquinas o luns de madrugada truncou a travesía a Mallorca 

Os 351 viaxeiros foran transbordados a outros barcos en mar aberto


Novo asalto vandálico a un cerqueiro de Portosín

09/07/2024 14:34

Remexeron todo o interior para levar un extintor e comer os víveres da tripulación

A confraría vai poñer denuncia e pide máis vixilancia no porto 

 


Inditex reivindica a súa esencia e aposta por "seguir aproveitando" oportunidades

09/07/2024 14:30

Inditex pecha as contas de 2023 con cifras récord: as vendas creceron un 10 % e rozaron os 36.000 millóns de euros, o beneficio neto incrementouse un 30 % e superou os 5.000 millóns

Etiquetas:  INDITEX

O 50 % dos fogares asegura que chega xusto a fin de mes

09/07/2024 14:17

4 de cada 10 consumidores cambiaron o seu hábito de consumo

Realizan compras máis planificadas, pequenas e máis frecuentes
 


Máis de trinta barcos do cerco descargan máis de 100.000 quilos de bocarte na Coruña

09/07/2024 14:16

De noite atoparon un gran banco de bocarte fronte ás costas de Ferrol

Categorías:  Galicia   A Coruña   Mar

Malestar entre os feirantes pola suba do custo da instalación nas festas de Boiro

09/07/2024 14:08

Algúns decidiron subir o prezo das atraccións para facerlle fronte ao aumento dos custos

No Concello din que subiron os prezos porque levaban tempo conxelados e que agora se igualan aos doutras localidades


Trasladado ao hospital un menor tras caer accidentalmente desde un segundo piso en Vigo

09/07/2024 14:04

O neno foi trasladado a un hospital e o seu prognóstico é favorable


Yoel Rodríguez e Jesús Ruiz queren facer olvidar a Ander Cantero

09/07/2024 13:47

Yoel: "Veño de pasar uns anos sen minutos, pero sempre intentei axudar"

Jesús Ruiz: "Vendo a temporada pasada e falando con amigos, foi fácil convencerme"

Categorías:  Ferrol   Deportes   Rácing

Queixas do dono e de usuarios dun cámping de Barreiros polos ruidos que causa un bar

09/07/2024 13:43

Din que o volume da música do bar impide que poidan descansar

Fixeron unha concentración de protesta improvisada


O Supremo arquiva a investigación contra Puigdemont por terrorismo

09/07/2024 13:41

A maxistrada Susana Polo cre que a Audiencia Nacional "non levou a efecto ningunha investigación da causa determinante da participación dos investigados nos feitos que se lle imputan"

O Goberno cre que a lei de Amnistía enceta camiño e Marta Rovira prevé regresar a Cataluña este sábado

O xuíz que investiga a inxerencia rusa rexeita amnistiar a Puigdemont e manda o caso ao Supremo

A Audiencia Nacional estuda preguntarlle a xustiza europea pola amnistía dos CDR polas dúbidas sobre a lei


A tormenta tropical Beryl deixa catro mortos e case tres millóns de persoas sen luz en Texas

09/07/2024 13:36

Tras devastar o Caribe, Beryl chegou a Texas convertido en tormenta tropical

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   FURACÁN

Algas microscópicas tinguen de marrón as augas na ría da Arousa

09/07/2024 13:31

Algunhas zonas da ría da Arousa levan tres semanas con grandes manchas

Moitos pensaban ao primeiro que as manchas eran froito da contaminación, pero as análises demostran que é un afloramento de plancto


Imaxe da extinción do incendio nun alboio de Borrateiros, en Vilaboa

O incendio nun alboio de Vilaboa deixa estragos materias

09/07/2024 13:13

O sinistro desencadeouse, supostamente, ao alcanzar a chispa dunha motorrozadora unha garrafa de gasolina que estaba preto

Categorías:  Galicia   Vilaboa   Sucesos
Etiquetas:  INCENDIO

Un elefante achégase a dúas turistas no Parque Nacional Kruger, en Suráfrica (Europa Press)

Morre un turista español en Suráfrica esmagado por un elefante ao tentar fotografar a súa manda

09/07/2024 13:06

Segundo os medios locais, o home ía coa súa prometida e outras dúas mulleres no seu propio vehículo, pero as acompañantes non saíron feridas


Marine Le Pen (Europapress)

A campaña presidencial de Le Pen de 2022, investigada por financiamento ilegal

09/07/2024 12:47

A Fiscalía investiga ata seis posibles delitos da formación ultradereitista 

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  FRANCIA   LE PEN

A deputada de Sumar Aina Vidal no Congreso, este martes (EFE/ Fernando Alvarado)

Sumar presenta enmendas á lei do poder xudicial como protesta ao pacto do PSOE co PP

09/07/2024 12:47

Argumenta: "Non validamos a forma de actuar de limitar o debate parlamentario ao redor de dous partidos, non é unha boa práctica"


Pachuca

O mexicano Emilio Rodríguez, a un paso de fichar polo Celta

09/07/2024 12:46

Procede do Pachuca, e o Celta pagará dous millóns e medio de euros polo cincuenta por cento dos dereitos

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

A covid-19 confírmase como unha doenza estacional co pico nos meses de verán

09/07/2024 12:38

O ano pasado acadou o seu pico en agosto, e este ano, en pleno xullo, estamos xa a superar a onda que comezou a finais de maio

Usar máscara cando hai síntomas e protexer os vulnerables son as recomendacións das autoridades sanitarias que xa todos coñecemos

Categorías:  Galicia   Sociedade   Saúde
Etiquetas:  COVID

Comparecencia do conselleiro de Sanidade Antonio Gómez Caamaño no Parlamento para presentar as liñas estratéxicas do seu departamento (EFE/ Xoán Rey)

O Sergas lanzará este ano un plan para reducir as consultas por baixas na Atención Primaria

09/07/2024 12:36

O plan antiburocracia permitirá que os hospitais dean "baixas automáticas" e evitará a enfermos oncolóxicos ou con baixas longas renovar "cada pouco" a IT no centro de saúde 

O conselleiro de Sanidade anuncia no Parlamento un plan organizativo para a atención primaria no rural e confía en ter listo nun ano o Plan de Recursos Humanos do Sergas

 


O ex-xefe militar de ETA Francisco Javier García Gaztelu, Txapote

Procesados Txapote, Amaia e outros catro ex-xefes de ETA polo asasinato dun empresario

09/07/2024 12:31

A xuíza explica na súa resolución que todos eles formaban parte do Comité Executivo de ETA no período de tempo en que se decidiu, planificou e materializou o asasinato de Francisco Arratibel en 1997

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  TERRORISMO   ETA

O Ensino ficha a canadense Jessica Fequiere

09/07/2024 12:22

A ex-xogadora do Baxi é a oitava incorporación que confirma o Ensino para a tempada 2024-25


O 41 % das titulacións universitarias en Galicia cobren todas as prazas no primeiro corte

09/07/2024 12:14

Publicadas as primeiras listaxes de admitidos nos graos universitarios de todas as universidades públicas galegas

As 78 titulacións que están xa completas repártense entre as universidades de Santiago e A Coruña, e non hai ningunha na de Vigo

Etiquetas:  UNIVERSIDADE

Leyma Básquet Coruña

O Leyma Básquet Coruña renova o corpo técnico do ascenso á ACB

09/07/2024 11:55

O equipo seguirá liderado por Diego Epifanio, quen xa renovara a mediados de maio tras lograr o ascenso 


Belén Toimil soña con estar na final olímpica

09/07/2024 11:39

París 2024 serán os segundos xogos para a lanzadora de peso mugardesa


O xuíz Peinado ameaza con deter a Begoña Gómez se non acode á declaración de Barrabés

09/07/2024 11:33

Ao ter o empresario unha enfermidade grave, o seu testemuño terá consideración de proba preconstituída no caso de que falecese antes dun hipotético xuízo

Pilar Alegría: "A señora Gómez actuará seguindo as recomendacións do seu avogado"

Begoña Gómez pide arquivar o caso contra ela e di sufrir unha "investigación universal" 


Publicidade
Publicidade