Publicador de contidos

Publicador de contidos

A galega Luz Casal, entre os distinguidos por Filipe VI cos seus primeiros títulos nobiliarios

A galega Luz Casal, entre os distinguidos por Filipe VI cos seus primeiros títulos nobiliarios

O rei concedeu os primeiros títulos nobiliarios do seu reinado designando tamén marqueses, entre outros o tenista Rafa Nadal e a nadadora Teresa Perales

Luz Casal no festival Murmura Alpujarra/Foto de arquivo/Europa Press Luz Casal no festival Murmura Alpujarra/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 19/06/2025 18:10

O rei Filipe VI concedeu os primeiros títulos nobiliarios do seu reinado, designando marqueses, entre outros o tenista Rafa Nadal, a nadadora Teresa Perales e a cantante galega Luz Casal.

O monarca non concedera ata o de agora ningún titulo nobiliario nos seus dez anos de reinado e a decisión produciuse xusto no undécimo aniversario da súa chegada ao trono.

Designou a Rafa Nadal como marqués de Levan de Mallorca; a Teresa Perales como marquesa de Perales; e a Luz Casal como marquesa de Luz e Paz, os tres con carácter hereditario.

O bioquímico e biólogo molecular Carlos López Otín será marqués de Castillo de Lerés, con carácter vitalicio, e a fotógrafa Cristina García Rodero nova marquesa do Valle de Alcudia, con carácter hereditario.

Así mesmo, quixo distinguir a quen foi xefe da Casa do Rei ata febreiro de 2024, Jaime Alfonsín, co título de marqués de Alfonsín e carácter de grande de España.

Segundo sostivo a Casa Real, todos eles son "expoñentes da excelencia" polas súas respectivas traxectorias, xa sexa ao servizo da Coroa ou no ámbito do pensamento, a cultura, a ciencia, as artes e o deporte.

Esta materialízase a través dunha carta real e é efectiva unha vez se publica real decreto de concesión no Boletín Oficial do Estado (BOE), no que se especifican os detalles e condicións do título outorgado.

Estes dereitos honoríficos non se poden vender nin comprar e adoitan ser hereditarios, recaendo no primoxénito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade