Novas

Foto: @RFEPiraguismo

Adrián Sieiro e Pablo Graña, campións de Europa de piragüismo

21/06/2025 12:59

O cangués impúxose na final de C1 200 nos campionatos de Racice, na República Checa

Adrián Sieiro acadou o ouro no C4 500 mixto


Ana Pontón este sábado en Santiago. EFE/Xoán Rey.

Pontón reivindica o BNG como alternativa ás "prácticas corruptas" do PSOE e do PP

21/06/2025 12:49

Defende que a súa formación leva "máis de 40 anos" xestionando institucións públicas "sen unha soa condena por corrupción"


A UCO no interior da sede do PSOE en Madrid, este venres. Foto: EFE/Rodrigo Jiménez

A investigación a Cerdán avanza: rastrexan contas e correos e entran en xogo empresarios

21/06/2025 12:14

A causa esténdese xa a cinco empresarios. A UCO identificou "debidamente" as 11 obras que poderían terse adxudicado irregularmente durante o período de Ábalos en Transportes, segundo o xuíz.

A UCO accede á sede do PSOE por orde xudicial para clonar o correo de Cerdán

Feijóo: "España non merece vivir nunha redada permanente e televisada"


Interceptado un motorista en Sanxenxo que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

21/06/2025 12:07

O home perdeu o control da motocicleta na rúa Cesteiros onde realizaban traballos de pintado

O condutor tamén foi denunciado por carecer de seguro obrigatorio e por non ter a ITV ao día


Máis de 20.000 persoas aspiran a unha praza nas oposicións do ensino en Galicia

21/06/2025 11:10

Dezaseis localidades das catro provincias acollen este sábado as probas de oposicións de Educación convocadas pola Xunta


Funeral en Qom polas vítimas do ataque israelí. Ahmad Zohrabi/ISNA vía REUTERS.

Israel ataca instalacións nucleares iranís nunha nova noite de ataques cruzados

21/06/2025 08:43

As tropas hebreas bombardean Isfahan e Qom e provocan polo menos dúas vítimas mortais

O Exército iraniano lanza cinco mísiles no centro de Israel sen causar danos persoais


Alabart é profeta na súa terra e dálle o título da OK Liga ao Barcelona (5-9)

20/06/2025 22:18

O xogador coruñés foi a peza decisiva da eliminatoria diante do Liceo e decidiu o terceiro partido con tres goles

Categorías:  Deportes   Polideportivo
Etiquetas:  LICEO   OK LIGA



Lección de baloncesto de Raquel Carrera no triunfo de España sobre Alemaña

20/06/2025 21:51

A xogadora ourensá foi a máis destacada do segundo partido do Eurobásket con 20 puntos


Trátase da primeira edición deste proxecto artístico

A artista galega Carlota Pereiro inaugura un bosque de esculturas na illa da Toxa

20/06/2025 21:22

Unha exposición coa que pretende sacarnos o neno que levamos dentro cunha volta ás súas orixes

Reflicte a relación tan especial que ela e a súa familia teñen con esta illa da Toxa


Dimite en bloque a executiva do PSOE de Salceda e os seus dous concelleiros

20/06/2025 21:18

Denuncian o control da dirección provincial, que impediu unha asemblea para renovar a executiva local

Critican que o partido queira “monitorizar todo” nun municipio que considera clave para recuperar a Deputación



Hai ata catorce modalidades

Catorce equipos compiten en Friol esta fin de semana nas Olimpíadas Rurais

20/06/2025 20:48

É a segunda edición dun evento no que os participantes disputan probas baseadas en xogos tradicionais como a comba, a cucaña, os zancos ou a chave

A cita serve para demostrar o dinamismo social e deportivo que hai en pobos do medio rural

Etiquetas:  XOGOS

O rei Filipe VI durante o acto de clausura (Belga/Europa Press)

Filipe VI advirte de que o reforzo da defensa europea é unha "necesidade real e apremante"

20/06/2025 20:36

O monarca participou no acto de clausura da promoción Jacques Delors 2024/2025 do Colexio de Europa


Putin, no Foro Económico Internacional de San Petersburgo (Sputnik/Gavriil Grigorov/Pool via REUTERS)

"Toda Ucraína é nosa": Putin pide diálogo entre Israel e Irán mentres reclama territorio para el

20/06/2025 20:17

O presidente ruso advirte do risco dunha terceira guerra mundial polo conflito en Oriente Próximo


A Xunta abre o martes o prazo para solicitar praza nas residencias xuvenís

20/06/2025 19:23

As solicitudes poderán presentarse desde o 24 de xuño durante un mes

Hai dispoñibles 233 prazas en Vigo, Ourense e Lugo para mozos de entre 16 e 30 anos


Kaja Kallas. Europa Press.

Bruxelas atopa indicios de que Israel violou os dereitos humanos en Gaza

20/06/2025 19:23

O informe contén feitos e avaliacións de supostas violacións dos dereitos en Gaza e será revisado polos estados membros da UE 


O rei Xoán Carlos I en Sanxenxo (Lavandeira jr/EFE)

Xoán Carlos I clausura o proxecto Bautismos de mar e prepárase para unha regata en Sanxenxo

20/06/2025 19:15

A iniciativa achegou ao mundo da vela a máis de 470 escolares de entre 6 e 12 anos do Salnés, incluídos rapaces do centro AMENCER-ASPACE de Vilagarcía

 


As derradeiras sardiñas do cerco deste ano no mercado coruñés da praza de Lugo

San Xoán 2025: toca conxelar as sardiñas para que cheguen frescas ao luns

20/06/2025 19:11

Polo San Xoán, a sardiña molla o pan

Disque cumprir coa tradición de comelas trae boa sorte


No evento participaron en total unhas 2.400 persoas, entre alumnos, familiares e comunidade docente

Os mellores na PAU reciben a súa homenaxe

20/06/2025 18:40

No evento, celebrado en Vigo, participaron preto de mil alumnos de 214 centros


Piden 5 anos e medio de cárcere para o condutor que matou dúas persoas na Coruña

20/06/2025 18:15

O accidente foi provocado por un exceso de velocidade nunha rúa urbana na Noiteboa do 2020

Tamén piden 8 anos de privación do permiso de condución e unha indemnización


Restos dun bombardeo iraniano en Haifa. REUTERS. Florion Goga

Irán lanza unha nova ofensiva contra Israel con mísiles e drons

20/06/2025 18:05

O ataque acadou Tel Aviv, Haifa e Beerxeba, con feridos e unha vítima mortal

Categorías:  Política   Mundo
Etiquetas:  ISRAEL   GUERRA   IRÁN

Santos Cerdán (Joaquín Corchero/Europa Press)

Cerdán solicita unha indemnización como exdeputado que supera os 19.400 euros

20/06/2025 17:05

O total corresponde a unha mensualidade por cada ano de deputado, neste caso seis

O PP pediu que non lle autoricen esta indemnización ao exdeputado


Un dos trens AVE/Foto de arquivo/Renfe/Europa Press

O xulgado investiga se hai delito en suprimir paradas do AVE Madrid-Galicia en Seabra

20/06/2025 17:05

Os denunciantes, as asociacións Viriatos, Terra Sos-tenible, Agricultores e Gandeiros Libres de Zamora e o partido Unión del Pueblo Leonés, mostraron a súa satisfacción polo auto e subliñaron que supón “un avance significativo”


Un fallo de seguridade en Internet filtra máis de 16.000 millóns de contrasinais de usuarios

20/06/2025 17:05

É unha das maiores violacións de seguridade da historia e afecta servizos como Google ou Apple

Os expertos recomendan usar a verificación en dous pasos



Axentes da UCO saen da sede madrileña do PSOE, na rúa Ferraz (Diego Radamés-Europa Press)

O PSOE, tras a entrada da UCO en Ferraz: "Máxima colaboración coa Xustiza"

20/06/2025 15:57

A dirixente Enma López asegura que a Xustiza atopará "un aliado no PSOE", porque van colaborar "coa máxima transparencia"


Máis de 30 quilos de cocaína agochados nun coche aparcado no hospital Cunqueiro de Vigo

20/06/2025 15:35

Noutro vehículo estacionado na zona do Meixoeiro gardaban outros 40 quilos de haxix

A policía detivo os dous narcotraficantes que movían a mercadoría

A maxistrada decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza dos dous detidos


Pontevedra repite como sede do Campionato do Mundo Multideporte

20/06/2025 15:35

Serrat: "É unha oportunidade para os que somos de aquí. Estou moi ilusionado"


A perita Elena Bolarín logo de declarar no xulgado. EFE

As discotecas incendiadas en Murcia incumprían as medidas de evacuación e sectorización

20/06/2025 15:19

A perita xudicial Elena Bolarín declarou ante o xulgado e ratificou as súas conclusións

Tal e como apuntan os avogados das familias das vítimas, as medidas incumpridas facían imposible que se salvasen os falecidos


Feijóo, este venres nun acto en Valbuena do Douro (Valladolid) EFE/R. García

Feijóo: "España non merece vivir nunha redada permanente e televisada"

20/06/2025 15:06

"A auditoría que se comprometeu a facer (Sánchez) xa lla está facendo o Tribunal Supremo e a Garda Civil", engadiu

O líder do PP cre que se trata da "causa de corrupción máis grave" da democracia española, ao entender que non pode quedar "encapsulado" no PSOE, senón que afecta o Goberno

O PSOE, tras a entrada da UCO en Ferraz: "Máxima colaboración coa Xustiza"


A Xunta investirá 41 millóns en 218 vivendas de promoción pública en Ames

20/06/2025 14:59

Serán construídas en dúas parcelas cedidas polo Concello no Milladoiro


En San Xoán aumentan máis dun 10 % os ingresos nas unidades de queimados

Moito ollo coas queimaduras na noite de San Xoán

20/06/2025 14:58

Mellor previr antes que lamentar

Na noite do San Xoán hai un aumento significativo de queimaduras provocadas por imprudencias e consumo excesivo de alcohol
 


A Xunta recorre a suspensión cautelar da caza do lobo

20/06/2025 14:55

Argumenta que melloraron as poboacións, e que a gandería é unha actividade estratéxica da comunidade


Abre o parque acuático de Monterrei, para divertimento e refresco dos ourensáns

20/06/2025 14:46

As instalacións, con cabida para 2.500 persoas, estarán abertas ata o 14 de setembro de 12 da mañá a 9 da noite 

No verán pasado pasaron polo recinto de Monterrei 96.500 usuarios

 


Rescatan unha muller que quedara atrapada nun colector do lixo en Soutomaior

20/06/2025 14:39

A muller, de 30 anos, estaba tratando de recuperar unhas tesoiras de traballo e acabou caendo dentro e desprazando a rótula

Non podía moverse e os servizos de emerxencia optaron por romper o colector por un lateral


"Non hai forma de xustificalo. Non son eu", di o autor confeso do asasinato de Elisa Abruñedo

20/06/2025 14:35

A Fiscalía conclúe que Elisa sufriu o indicible e non tivo posibilidade de defenderse

As acusacións manteñen as súas penas de 32 e 37 anos de cadea


A chegada do verán significa, para o márketing global, que hoxe é o día máis feliz do ano

20/06/2025 14:32

O 20 de xuño, considerado o día máis feliz do ano co argumento da chegada do verán

Os psicólogos lembran que parte de dar coa felicidade depende de cada individuo

Expertos en psicoloxía destacan a importancia de tratar de construír a felicidade cada día

Categorías:  Sociedade   Mundo   Vida
Etiquetas:  VERÁN

Jesús Arribas, técnico do Arenteiro: "Quero que a xente goce co equipo"

20/06/2025 14:32

Arribas ten 28 anos e chega do Raio Majadahonda

Publicidade
Publicidade