A Xunta investirá 41 millóns en 218 vivendas de promoción pública en Ames
Serán construídas en dúas parcelas cedidas polo Concello no Milladoiro
Galicia avanza no obxectivo e duplicar o parque público de vivenda de aquí ao 2028. A Xunta de Galicia vai construír 218 novas vivendas no Milladoiro, no concello coruñés de Ames.
O Concello cedeu os terreos para poder levantar esta promoción pública que se vai axilizar grazas ao cambio de normativa que permite urbanizar e construír ao mesmo tempo. O Goberno galego vai investir nesta promoción pública uns 41 millóns de euros.
"Temos un firme compromiso e un reto importante que é construír máis vivenda pública. 4000 novas vivendas ata po ano 28 xunto con outras medidas como habilitar solo onde poder construír. Neste ano de lexislatura levamos máis de 2200 en distintas fases de tramitación e 900 delas xa en construción", explica a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue.