Rescatan unha muller que quedara atrapada nun colector do lixo en Soutomaior
A muller, de 30 anos, estaba tratando de recuperar unhas tesoiras de traballo e acabou caendo dentro e desprazando a rótula
Non podía moverse e os servizos de emerxencia optaron por romper o colector por un lateral
Rescate curioso o que se viviu en Soutomaior. Unha muller de 32 anos foi rescatada dun colector despois de quedar atrapada nel.
A muller, que traballaba nunha peixería situada fronte ao colector, saíra tirar o lixo e ao baleiralo caéronlle unhas tesoiras de traballo dentro. Cando se asomou para tratar de recuperalas, acabou precipitándose ao interior do colector e desprazando a rótula.
A causa da dor non podía moverse e terminou precisando a asistencia dos servizos de emerxencia. Cando chegaron estaba tombada boca arriba dentro do colector.
O rescate non foi sinxelo, e debido á imposibilidade da muller para moverse e a dificultade para extraela, os servizos de emerxencia optaron por romper o colector por un lateral.
Posteriormente, trasladárona ao Hospital Montecelo de Pontevedra e agora xa está de volta na súa casa.