Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatadas catro persoas que facían unha ruta de caiac nos arredores da Illa de Arousa

Rescatadas catro persoas que facían unha ruta de caiac nos arredores da Illa de Arousa

Dúas mulleres foron evacuadas en helicóptero, un home rescatado por unha embarcación e o outro home foi localizado pola Policía Local xa nunha zona de praia

Era un grupo da zona de Pontevedra que fora ata a Illa de Arousa para facer unha ruta de caiac e foron arrastrados polo vento que se levantou na tarde deste domingo na zona

G24.gal 15/06/2025 23:37

Un grupo de Pontevedra desprazouse este domingo ata a Illa de Arousa para facer unha ruta de caiac, pero xa a última hora da tarde as cousas complicáronse cando se levantou o vento e foron arrastrados, sen lograr controlar a embarcación, polo que non lograban volver a terra.

Realizaron unha chamada de emerxencia e finalmente foron rescatados. Dúas mozas tiveron que ser rescatadas polo helicóptero de Salvamento Marítimo e foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

Un dos mozos foi auxiliado por unha embarcación e o cuarto foi localizado posteriormente pola Policía Local xa nunha praia, onde unhas mulleres lle deixaran roupa para abrigarse.

Polo menos tres persoas precisaron asistencia hospitalaria, aínda que, en principio, en todos os casos non revisten gravidade. Os síntomas, principalmente, eran de hipotermia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade