Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados ilesos dous mariñeiros tras afundirse un pesqueiro en Ribeira

Rescatados ilesos dous mariñeiros tras afundirse un pesqueiro en Ribeira

O barco sufrira unha vía de auga, quedando os dous únicos ocupantes nunha balsa á deriva

Foron rescatados na mañá deste luns por outro barco que se atopaba na zona

Pesqueiro afundido (Salvamento marítimo)
G24.gal 09/06/2025 11:20

Dous mariñeiros foron rescatados na mañá deste luns por outro barco que se atopaba na zona tras afundirse os pesqueiro no que pescaban, denominado Pegal, na costa de Corrubedo, en Ribeira (A Coruña). 

Segundo fontes de Salvamento Marítimo consultadas por Europa Press, foi pasadas as 9:30 horas cando o buque Día de Reyes informou o centro de coordinación de Fisterra de que un barco sufrira unha vía de auga, quedando os dous únicos ocupantes nunha balsa á deriva. Pola súa banda, o pesqueiro, que saíra desde Ribeira, acabou afundíndose debido á gran vía de auga que se abriu no seu casco.

No momento do aviso, os triupulantes atopábanse xa a salvo noutro barco, polo que se mobilizou a Salvamar Sargadelos para recollelos e levalos  terra. A esta hora xa non se atopa ningún obxecto flotando na zona, polo que non hai perigo para a navegación.  Con todo, desde Salvamento están a vixiarse as inmediacións para evitar calquera tipo de contaminación que se poida desprender do buque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade