Morre afogado no Pedrido un veciño de Cambre de 64 anos
Os socorristas sacaron da auga e intentaron reanimalo, pero non lograron salvarlle a vida
A vítima é J. V. S., un veciño do Temple, no concello de Cambre. O home tiña 64 anos de idade e estaba coa familia, a muller e dous fillos, na praia. Segundo relata a Garda Civil, o home decidira bañarse no canal da ría, pero foi arrastrado polas correntes e non conseguiu volver á praia.
O 112 avanzou que un particular deu a voz de alarma sobre as 16:30 horas porque había un corpo aboiando na auga a altura da Ponte do Pedrido.
Ao decatarse da situación, os socorristas lanzáronse a auga e rescataron o corpo. Fóra da auga intentaron reanimar o home, pero foilles imposible. Cando chegaron os equipos do 061, alertados por Emerxencias de Galicia 112, só puideron confirmar o seu falecemento.