Novas

O metrosidero do Obelisco, na Coruña, xa está na súa nova localización

26/11/2025 13:49

A árbore foi desprazada uns metros para permitir o avance das obras de remodelación da zona dos Cantóns


Arquivo TVG

Stellantis Vigo prorrogará o ERTE para 2026 e sindicatos piden outro plan de baixas incentivadas

26/11/2025 13:30

Fontes sindicais prevén que a fábrica peche o exercicio con "récord histórico" de unidades polas previsións de produción


EFE/JJ Guillén

Alfonso Rueda pídelle ao Goberno que active o plan de vivenda

26/11/2025 13:23

O presidente galego lembra que a Xunta vai duplicar nesta lexislatura o parque público de vivendas e pídelle a Sánchez que tamén tome medidas para facilitar o acceso a un fogar, sobre todo aos mozos

 


Miguel Loureiro: "Temos que tratar de poñer en valor o que estamos a facer"

26/11/2025 13:14

O próximo partido ante o Albacete poderá verse en directo na primeira canle da TVG

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Imaxe de arquivo de Gonzalo Pérez Jácome (EUROPAPRESS)

O alcalde de Ourense anuncia a restrición dos fotógrafos na toma de imaxes nos plenos

26/11/2025 13:12

O incidente que levou a esta decisión foi a fotografía de Gonzalo Pérez Jácome botando as mans á cara, quen acusou o fotoxornalista de levar preto de “vinte minutos enfocándome para ver se pilla unha foto", coma se fose "un paparazzi"

A Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia e a Asociación de Xornalistas de Galicia denunciaron "os ataques" por parte do rexedor ao fotógrafo Xesús Fariñas

O PSdeG di que  é "un comportamento impropio de calquera cargo público", e o PP lembra o dereito á "liberdade de prensa e información"


EFE/Lavandeira jr

Sanidade cifra nun 4,26% o seguemento da folga en Atención Primaria na quenda de tarde

26/11/2025 13:07

CIG e O´Mega esixen á Xunta que concrete a curto prazo o plan para Atención Primaria

Dende os sindicatos convocantes, a CIG fala de seguimento importante, mentres que O´Mega asegura que só traballaron un 20% dos médicos de Atención Primaria

Da folga desmarcáronse Comisións Obreiras, CSIF e UXT que chegaron a un acordo coa consellería

Etiquetas:  SANIDADE   FOLGA

A Audiencia Nacional reclama ao PSOE información sobre os pagos en metálico e os xustificantes

26/11/2025 13:05

O maxistrado que instrúe a investigación pide que se lle facilite a relación de pagos e dos documentos que os soportan


O acusado recoñeceu ser o autor dos feitos e aceptou a redución da pena

Condenan un veciño de Boiro a dous anos de prisión por dipararlle a outro nunha perna

26/11/2025 12:46

Ademais impóñenlle unha orde de afastamento de 100 metros respecto á vítima, coa que non se poderá comunicar en sete anos e á que debe indemnizar con 35.000 euros 

Etiquetas:  DISPARO

Santos Cerdán durante a comparecencia na comisión do Senado sobre o caso Koldo (Europa Press/Fernando Sánchez)

O xuíz cita como testemuñas a Santos Cerdán e Antonio Hernando no caso de Leire Díez

26/11/2025 12:46

Leire Díez admitiu na súa declaración dúas reunións co exnúmero 3 do PSOE, nunha das cales estaría presente o actual secretario de Estado

O maxistrado pediu ademais ao PSOE que informe se Díez desempeñou algunha actividade no partido e á Policía Científica que mellore a calidade dunha gravación


Alejandro Martínez Vélez/Europa Press

Apoio unánime do CXPX ao nomeamento de Teresa Peramato como nova fiscal xeral do Estado

26/11/2025 12:40

Os vinte vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial avalan a proposta do Goberno para que a actual fiscal de sala da Sección Penal do Supremo encabece o Ministerio Público

É a primeira vez que un candidato para dirixir a Fiscalía Xeral do Estado obtén o aval de todos os vogais do órgano de goberno dos xuíces

Sánchez augura a inocencia de García Ortiz: "O tempo poñerá as cousas no seu sitio"


Imaxe de galiñas para ilustrar a noticia (EUROPAPRESS)

España acada o mes sen novos casos de gripe aviaria

26/11/2025 12:34

O Goberno decretara o confinamento de todas as explotacións de aves de curral ao aire libre pola gripe aviaria

No que vai de ano detectáronse 121 focos en silvestres e 14 focos en aves de curral, que levaron ao sacrificio de máis de dous millóns de animais en granxa, principalmente de galiñas poñedeiras


Fran Beltrán e Javi Rueda son as principais ausencias do Celta na visita ao Ludogorets

26/11/2025 12:28

Os de Claudio Giráldez partiron esta mañá cara a Bulgaria para xogar mañá ante o Ludogorets

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

Un operativo contra o tráfico de drogas usa escavadoras para rexistros na Arousa

26/11/2025 12:16

O operativo é a continuidade doutro que se produciu, hai semanas, noutra comarca do país

Hai dous homes con vínculos familiares que foron detidos, polo menos un deles con antecedentes por tráfico de heroína


Consumo excluirá os alimentos ultraprocesados dos menús infantís dos hospitais

26/11/2025 12:14

O obxectivo do Ministerio é tamén garantir menús saudables e sen ultraprocesados nas cafeterías e nos comedores públicos dos hospitais

Categorías:  Política   España

O Celta quere ser "optimista" na difícil renovación de Óscar Mingueza

26/11/2025 11:52

O conxunto vigués tamén valora o regreso de Fer López

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

Arquivo. José Luis Ábalos (EUROPAPRESS).

Ábalos di saber por "fontes presenciais" que Sánchez e Cerdán se viron con Otegi antes da moción de censura

26/11/2025 11:42

Feijóo di que "calquera Goberno decente caería" tras confirmar Ábalos que Sánchez negociou "cun terrorista"

O Goberno insiste en negar a reunión de Sánchez e Otegi e denuncia que se dea "credibilidade" a un imputado como Ábalos, mentres que o PP dalle crédito

Ábalos critica que Yolanda Díaz o chame "golfo" e suxire un uso indebido da vivenda oficial da vicepresidenta


Jorge Gil/Europa Press

Mazón coñecía ás 17 h do día da dina a situación en Utiel: "Díxenllo por WhatsApp", di un alto cargo

26/11/2025 11:22

O xefe de gabinete revela que comunicou ao president antes das 17 horas que se estaba complicando a situación en Utiel

José Manuel Cuenca compareceu en calidade de testemuña ante a xuíza da dina


(Reuters/Tyrone Siu)

O grande incendio de Hong Kong deixa xa 83 mortos, 76 feridos e 279 desaparecidos

26/11/2025 11:20

Tras máis de 24 horas, as autoridades aseguran que xa está "baixo control total"

As lapas propagáronse polas estadas de bambú instaladas nun bloque do complexo en que residen unhas 4.000 persoas

Hai tres detidos por presunto homicidio involuntario en relación con este incendio


Carlos Luján/Europa Press

Redondo cuestiona a neutralidade de tres xuíces do TS que xulgaron a García Ortiz

26/11/2025 10:26

"Hai que ser moi coidadoso coas aparencias de independencia", asegura a ministra de Igualdade

Redondo aféalles que durante a deliberación da sentenza participaran nunhas conferencias organizadas polo Colexio de Avogados de Madrid, que exerceu de acusación popular


(Europa Press)

O alcalde de Ferrol reclama ao Goberno avances na conexión ferroviaria

26/11/2025 10:18

José Manuel Rey Varela esixe melloras para reducir en 45 minutos os tempos da viaxe a Coruña



Jair Bolsonaro o pasado mes de setembro saíndo da Corte Suprema (Reuters/Adriano Machado)

Bolsonaro cumprirá a súa condena de 27 anos nunha sala de doce metros cadrados

26/11/2025 09:53

A Corte Suprema determinou que o expresidente brasileiro, líder da ultradereita do país, deixe a detención domiciliaria ao entender que existe risco de fuga tras o seu intento de danar a pulseira electrónica coa que controlaban os seus movementos

Categorías:  Política   Mundo

Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press

Cerdán entrega no Supremo un informe pericial para demostrar que os audios de Koldo están manipulados

26/11/2025 09:19

A defensa do exsecretario de organizacion do PSOE sostén que apareceron rastros de sistemas operativos que non existían en 2019, cando supostamente se produciron as gravacións

Os peritos desbotan a súa suposta orixinalidade e conclúen que os audios foron procesados, reconstruidos, transferidos ou manipuladas nun momento posterior

 

Concello de Cartaxena vía Europa Press

Extinguido o incendio, sen feridos, no hospital Santa Lucía de Cartaxena

26/11/2025 08:41

O lume, que afecta a terraza e as fachadas, comezou arredor das 7:30 deste mércores

Os enfermos evacuados están a distribuírse por outros centros


Eduardo Parra/Europa Press

Tráfico despexa dúbidas sobre a baliza V-16, obrigatoria a partir do 1 de xaneiro

26/11/2025 08:41

A nova sinalización substituirá os triángulos e ten por obxecto reducir os atropelos e protexer a quen se atopa en situacións de emerxencia


Tranquilidade en toda a costa

26/11/2025 08:31

Categorías:  O Tempo

Reuters

Trump insiste en que podería falar con Maduro para salvar moitas vidas

26/11/2025 08:06

O mandatario estadounidense agregou que se poden facer as cousas polas boas, pero tamén polas malas


Ricardo Rubio/Europa Press

O castigo por non parar, por María Bastida

26/11/2025 07:46

A nova reforma do complemento por fillos propón algo que, en apariencia, soa razoable: só o

CIG e O’Mega manteñen o paro este mércores en Atención Primaria

25/11/2025 22:10

O paro conta coa oposición de UXT, CCOO, CSIF e Simega, que aceptan as medidas propostas por Sanidade tras a negociación


Veñen dúas frontes de camiño

25/11/2025 22:06

Categorías:  O Tempo

Mercar a granel mantense como opción de compra de consumo responsable

25/11/2025 21:41

Nesta época de outono véndense sobre todo legumes e produtos de Nadal

Etiquetas:  CESTA DA COMPRA

@VillarrealCF

Desfeita do Vilarreal en Dortmund (4-0)

25/11/2025 21:28

Os de Marcelino seguen sen gañar nesta edición da Champions League

A clasificación para a seguinte rolda convértese nunha quimera para os amarelos

Categorías:  Deportes
Etiquetas:  CHAMPIONS LEAGUE

@AthleticClub

Empate sen goles do Athletic en Praga ante o Slavia (0-0)

25/11/2025 21:27

Sabor agridoce para un Athletic que segue con moitos problemas de cara á portería contraria

Sancet e Robert Navarro dispuxeron das mellores ocasións dos vascos no partido

Categorías:  Deportes
Etiquetas:  CHAMPIONS LEAGUE

@FCBarcelona_es

Dura derrota do Barcelona en Londres ante o Chelsea (3-0)

25/11/2025 21:26

Mal partido dos blaugranas que foron moi inferiores ao cadro londiniense

Ronald Araújo foi expulsado na primeira metade

Categorías:  Deportes

Imaxe da manifestación do 25-N na cidade de Vigo (Adrián Irago-Europa Press)

O feminismo galego sae á rúa para clamar contra a violencia machista

25/11/2025 21:26

Este 25-N puxo a lupa na violencia institucional, que perpetúa a discriminación das mulleres

Milleiros de persoas participaron nas marchas que se celebraron nas principais cidades galegas


Droguerías que resisten, cousas do día a día que xa case non se ven

25/11/2025 21:21

Visitalas é como trasladarse a vellos anuncios de televisión

Etiquetas:  CURIOSIDADES

'Sagrado Corazón': unha investigación escénica da artista Isolda Comesaña

25/11/2025 21:00

O desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza, sobre todo iso vai 'Sagrado Corazón' unha investigación escénica da artista Isolda Comesaña

Inspirándose nunha estética que remite á Idade Media, Isolda combina poesía, danza e videoproxección para trazar unha cartografía do corazón

O seu proxecto enmárcase dentro das Residencias Paraíso e presentouno na capela do Pilar, en Corcubión  

Categorías:  Artes escénicas

Percorremos Galicia a través das fotografías de Ruth Matilda Anderson

25/11/2025 21:00

Ruth Matilda Anderson, que, ademais de percorrer Galicia a principios do século XX fotografando a vida, tamén traduciu textos galegos ao inglés

Agora Alba Rodríguez Saavedra reivindica a súa figura no volume Ruth Matilda Anderson. Tradutora nas marxes, que publica a Editorial Laiovento.

Dolores Vilavedra falounos deste libro neste 25-N
 

Categorías:  Letras

Sabela Losada: "A violencia non é un problema individual, senón un problema social"

25/11/2025 21:00

'O próximo baile será comigo' é o título deste documental dirixido por Sabela Losada

O filme é unha ollada en primeira persoa á forza do apoio mutuo entre mulleres, á loita fronte a violencia institucional e á dor da ausencia

O filme recibiu o Premio Luísa Villalta 2024 para proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña

O documental estreouse este martes no Auditorio de Rianxo dentro dos actos do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 

Categorías:  Audiovisual

Martiño Ramos, o fuxido pederasta ourensán, estaba na lista dos dez máis buscados pola policía

Así foi a detención do pederasta ourensán Martiño Ramos en Cuba

25/11/2025 20:38

O inspector da Interpol Roberto Llamazares explicou todos os detalles na Televisión de Galicia

Martiño Ramos dixo descoñecer que estaba en busca e captura cando foi detido na Habana

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  MARTIÑO RAMOS
Publicidade
Publicidade