Novas

O Goberno autoriza a opa do BBVA sobre o Sabadell, pero sen fusión en tres anos
24/06/2025 09:43
O Executivo podería ampliar ata cinco anos o veto á unión das dúas entidades
BBVA avalía as condicións impostas polo Goberno
O Sabadell defende o seu proxecto e insta o BBVA a detallar como retribuirá ao accionista

PP e PSOE rexeitan a proposta do BNG dun concerto económico para Galicia
24/06/2025 09:16
Populares e socialistas cren que un sistema de financiamento propio para Galicia sería prexudicial para as contas públicas, mentres que os nacionalistas ven un lastre o "modelo centralista" actual
A elección de Concepción Pombo para dirixir a CSAG queda para a terceira votación en pleno

Galicia arde en fogueiras na noite de San Xoán
24/06/2025 08:58
O lume máxico de centos de cacharelas resaltaron a beleza dos areais herculinos, invadidos por unha marea humana, e demostraron por que esta festa está declarada de Interese Turístico Internacional
Un ano máis constatouse que a de San Xoán é unha tradición que resiste o paso do tempo e que se mantén viva xeración tras xeración
O 112 Galicia xestionou máis de 450 incidencias, con varias persoas resultaron feridas por queimaduras

Néboa de mañá na Mariña e de tarde na Costa da Morte
24/06/2025 08:30

Trump di que Israel e Irán acordaron un cesamento do fogo total
24/06/2025 08:21
O mandatario detallou que oficialmente, Irán iniciará o cesamento do fogo e que doce horas despois o comezará Israel, de modo que nunhas 24 horas o mundo coñecerá o anuncio oficial da fin da guerra dos 12 días
O Goberno israelí, encabezado polo primeiro ministro Benjamin Netanyahu, asegurou este martes nun comunicado que acepta a proposta de Donald Trump dun cesamento do fogo bilateral con Irán
.png)
Quen apagou a luz? Ninguén, segundo todos, por María Bastida
24/06/2025 08:03

O Atlético despídese do Mundial de Clubs cun triunfo
23/06/2025 23:59
A vitoria ante o Botafogo (1-0) foi insuficiente, pois saíu prexudicado no triplo empate

Día de San Xoán con ambiente treboento
23/06/2025 22:12

Nun barrio de Lugo reparten polo San Xoán milleiros de racións de becerro asado
23/06/2025 21:07
Con preto de 20 metros de perímetro e cinco de altura, a da Piringalla é a maior das máis de 300 fogueiras organizadas na cidade

Més-Compromís aproba que a deputada Àgueda Micó deixe Sumar e pase ao Grupo Mixto
23/06/2025 20:46
A executiva de Més preguntou aos militantes do Consell Nacional se estaban de acordo coa decisión de romper con Sumar
Queren convencer outro dos partidos da coalición, Iniciativa, de que o seu deputado Alberto Ibáñez abandone tamén o grupo

Morre unha persoa ao caer nunha zona de rochas no porto da Guarda
23/06/2025 20:29
Os equipos desprazados á zona investigan as circunstancias do suceso

O Deportivo estuda recuperar a Jairo Noriega
23/06/2025 20:10
Realizou unha gran temporada no Ourense C. F. e podería marchar cedido este primeiro ano
Pablo López amosa un grande interese en incorporalo ao Racing de Ferrol

O Rácing faille un oco no primeiro equipo á perla da canteira, David Carballo
23/06/2025 19:58
O xogador, que acabou a súa etapa xuvenil, adestrábase de xeito habitual co primeiro equipo

Red Eléctrica e as compañías subministradoras acúsanse mutuamente do apagamento xeral
23/06/2025 19:35
O operador do sistema defende a súa programación e pide respostas técnicas sobre as desconexións
Iberdrola, Endesa e EDP, chamadas a aclarar por que certas centrais non cumpriron coa normativa

Qatar di que interceptou con éxito un ataque de mísiles iranianos dirixido á base aérea dos EUA
23/06/2025 19:07
A televisión iraniana anuncia ataques contra bases estadounidenses en Qatar e Iraq
O Goberno qatarí di que se reserva o dereito a responder "directamente e de maneira proporcional"
A Casa Branca monitorea os ataques contra a súa base aérea en Qatar
Israel intensifica a ofensiva e ataca a sede da Garda Revolucionaria en Teherán

Sergio Carreira renova co Celta ata 2029
23/06/2025 18:47
Na súa primeira tempada con continuidade en Primeira, Carreira sumou 1.657 minutos en 23 partidos

Putin acusa a OTAN de provocar unha carreira armamentista e reforzará o equipamento nuclear
23/06/2025 18:04
O presidente ruso cualificou de "historias de medo" os argumentos utilizados pola OTAN para xustificar os seus plans
Alertou do agravamento da situación en Oriente Medio, considerando que a participación dos EUA coloca o mundo "ao bordo do abismo"

Galicia celebra o San Xoán, a noite máis máxica do ano
23/06/2025 18:02
As cacharelas poderán vivirse en directo na G24 e na Televisión de Galicia

Investigan a aparición de cadáveres atados de pés e mans no mar das Baleares
23/06/2025 17:09
Os investigadores cren que poderían ser migrantes asasinados
Recuperaron polo menos cinco corpos no último mes
.png)
Este martes comezan os traballos de renovación do firme da AP-53 entre Lalín e Dozón
23/06/2025 17:08
Os labores de renovación durarán previsiblemente ata finais de xullo
Desviarase o tráfico pola calzada contraria a través dos pasos de mediana
A N-525 empregarase como ruta alternativa para os accesos que permanezan pechados

Ferrán Jutglá converterase na terceira incorporación do Celta
23/06/2025 17:07
Remataba contrato co Bruxas en 2026 e a súa prioridade era regresar á Liga

Algún trebón na noite de San Xoán
23/06/2025 16:07

Rueda recibe as chaves do Porto e esixe avances no tren de alta velocidade con Vigo
23/06/2025 16:07
O presidente da Xunta pide unha conexión operativa antes de 2030 e reclama compromisos ao Goberno español
Galicia e Portugal levarán a proposta ao Foro do Corredor Atlántico en Bruxelas

O Constitucional avanza cara a unha sentenza sobre a amnistía sen consultar a xustiza europea
23/06/2025 15:57
A maioría progresista rexeita paralizar o ditame á espera do Tribunal de Xustiza da UE
O pleno continuará durante a semana e prevese que se vote o xoves

A OTAN considera que España terá que gastar o 3,5 % do PIB para cumprir os requirimentos militares
23/06/2025 15:52
"A OTAN non ten cláusulas de exclusión e non entende de pactos ou acordos paralelos", dixo Rutte, secretario xeral da organización
Putin acusa a OTAN de provocar unha carreira armamentista e reforzará o equipamento nuclear

Feijóo entende o temor de Aznar a que Sánchez poida alterar o resultado das eleccións
23/06/2025 15:05
Morant, líder dos socialistas valencianos: "Que todo o peso da lei caia sobre estes desvergonzados"

O 68 % dos compradores descarta o coche eléctrico polo de agora, segundo Faconauto
23/06/2025 15:03
O prezo, a autonomía e as dúbidas sobre os postos de carga son os principais freos
A patronal dos concesionarios propón un Plan Nacional de Renovación con axudas directas

Herbas e auga de San Xoán para afastar o meigallo
23/06/2025 14:57
Segundo a tradición, hai que meter na auga unha folla de loureiro e unha de figueira para que as bruxas non mexen nela
Unha vez feito o ramo de herbas, hai que metelo en auga baixo o orballo e a luz da Lúa e dicir: "Auga de San Xoán, dáme sorte para hoxe e para mañá"

Aumentan os roubos de bicicletas e patinetes aos repartidores de Santiago
23/06/2025 14:46
Os repartidores aseguran que lles rouban o seu medio de vida
Xa son oito as denuncias destes sobre roubos de bicicletas ou patinetes eléctricos nos últimos dous meses

A falta de socorristas pode atrasar a apertura de piscinas en pleno verán
23/06/2025 14:36
A Federación de Socorrismo e Salvamento de Galicia advirte de que hai instalacións que tardarán en conseguir vixilantes
Os profesionais din que os salarios seguen sendo baixos e que moitos recean dun traballo de só dous ou tres meses

Cruzarse cun condutor en sentido contrario, das situacións máis estresantes e graves ao volante
23/06/2025 14:25
Son situacións que poden ter consecuencias moi graves; a recomendación, tanto para o infractor como para o que circula correctamente, é minorar a marcha e parar nun lugar seguro
Ao ano en España detéctanse unha media de 200 accidentes con condutores kamikazes

Nove persoas trasladadas a tres hospitais logo dun accidente de tráfico en Vigo
23/06/2025 14:15
O choque produciuse entre un autobús e un turismo
Oito persoas teñen feridas leves e unha está con prognóstico reservado

23/06/2025 14:15
Ante esta situación, os funcionarios notificaron o ocorrido á empresa responsable e inmobilizaron o vehículo

Os veciños dun edificio da Estrada piden o peche do almacén de madeira instalado no baixo
23/06/2025 13:56
Os residentes do inmoble advirten do perigo que supón porque, segundo aseguran, carece de medidas de seguridade
Din que xa denunciaron o caso en varias ocasións, pero non obtiveron resposta

A Xunta inicia a tramitación dos orzamentos de Galicia de cara ao 2026
23/06/2025 13:46
O Consello da Xunta aprobou iniciar a elaboración das contas de Galicia e destacou a estabilidade da administración autonómica fronte á do Goberno de España, que ten os orzamentos prorrogados desde 2023

Todo preparado en Panxón e Nigrán para as fogueiras desta noite
23/06/2025 13:46
AXEGA será este ano por vez primeira a responsable do dispositivo de seguridade
O Concello autorizou 85 cacharelas, dúas delas están no areal de Panxón

Xa está aquí o Resurrection Fest, cun cartel entre os que destacan Judas Priest, Körn e Slipknot
23/06/2025 13:46
En Viveiro traballan sen descanso para ter todo listo para o inicio do festival este mércores

O veciño conflitivo de Vilanova suma outra denuncia por intimidar unha adolescente
23/06/2025 13:34
Cortoulle o paso coa moto nunha rúa peonil do centro da vila, unha actitude repetida, segundo denuncian os veciños
É o mesmo home que hai un mes ameazou cunha machada un veciño do mesmo edificio
.png)
Falece o condutor dun turismo tras chocar cun camión frigorífico en Santa Comba
23/06/2025 13:27
Ía acompañado dunha muller veciña de Tordoia, que quedou ferida leve
O condutor do camión frigorífico saíu ileso do accidente

O Sergas reforzará a Atención Primaria de cara ao verán nos centros de maior demanda
23/06/2025 13:25
O Consello da Xunta aproba un investimento de 12,1 millóns de euros para poder afrontar as tensións naqueles lugares onde se incrementa a poboación e require de máis persoal