Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 68 % dos compradores descarta o coche eléctrico polo de agora, segundo Faconauto

O 68 % dos compradores descarta o coche eléctrico polo de agora, segundo Faconauto

O prezo, a autonomía e as dúbidas sobre os postos de carga son os principais freos

A patronal dos concesionarios propón un Plan Nacional de Renovación con axudas directas 

 

G24.gal 23/06/2025 15:03

Coches vellos ou avariados adoitan conducirnos ata o concesionario por outro vehículo.

"O meu coche ten 33 anos".

"Tiven moitos coches na vida, o importante é ter cartos".

Malia o avance das compras dixitais, os concesionarios seguen a ser decisivos no proceso de compra.

"É unha cuestión de confianza, é determinante confiar nas persoas que traballan nunha marca ou concesión. É fundamental o asesoramento, ou a proba do vehículo", explica Alejandro Sánchez, xerente de Breogán Drive en Santiago.

"Eu sempre vou ao concesionario, eu quero trato directo, como os seguros".

"Si, e na web quedas con dúbidas e non podes probalo".

Segundo apunta o estudo de Faconauto, son poucos os que entran cunha idea fixa, a maioría están abertos a informarse, por exemplo das vantaxes da electrificación. Así é todo, o 68 % rexeitan mercar eléctrico polo de agora.

"Eu vivo nun piso sen garaxe, non me convence o tema dos postos de carga".

"Tamén está o prezo, moi elevado, aínda que tamén aforras despois en combustible".

"Se as axudas foran directas na compra eu creo que a xente estaría máis disposta a mercar eléctrico", engade o xerente de Breogán Drive.

Precisamente por iso, a patronal dos concesionarios propón un plan nacional de renovación do parque móbil con axudas directas, similares ás despregadas en Valencia tras a DINA, que inclúan todas as enerxías pero prioricen a descarbonización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade