Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inicia a tramitación dos orzamentos de Galicia de cara ao 2026

A Xunta inicia a tramitación dos orzamentos de Galicia de cara ao 2026

O Consello da Xunta aprobou iniciar a elaboración das contas de Galicia e destacou a estabilidade da administración autonómica fronte á do Goberno de España, que ten os orzamentos prorrogados desde 2023

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, canda ao titular de Presidencia, Diego Calvo (EFE/Xoán Rey) O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, canda ao titular de Presidencia, Diego Calvo (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 23/06/2025 13:46 Última actualización 23/06/2025 16:18

O Consello da Xunta aprobou este luns iniciar a elaboración dos orzamentos da comunidade autónoma para o próximo ano 2023. Así, segundo destacou o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, mentres Galicia "xa traballa na elaboración das contas do ano que vén, o Goberno de España segue a traballar coas contas de 2026".

"Neste momento de incertezas e inestabilidade a nivel nacional e internacional é cando máis necesario resulta que Galicia siga avanzando pola vía da confianza", dixo Calvo.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, aseguraba que "pese a todas as incertezas Galicia segue a funcionar".

Corgos, asegurou, na conferencia de prensa tras o Consello de la Xunta, que a pesar deste "marco de incerteza" a previsión é que o 2026 será "un bo ano" e Galicia poderá manter "un bo ritmo de crecemento e creación de emprego", aínda que non quixo avanzar as cifras do marco macroeconómico dos orzamentos.

O comezo do proceso orzamentario dáse "coa normalidade habitual", engadiu, coa previsión de que a finais de xullo se aprobe o teito de gasto e a entrega do proxecto de orzamentos ao Parlamento prodúzase antes do 20 de outubro. O obxectivo final é que os orzamentos autonómicos entren en vigor o primeiro día de 2026 para comezar a súa execución nese momento, incidiu.

Corgos estableceu como prioridades para as próximas contas "aumentar o crecemento potencial da economía galega mediante a modernización e innovación dos sectores produtivos, acelerar os investimentos en proxectos transformadores para a modernización dos servizos públicos, continuar o despregamento do plan de vivenda, e promovendo unha mobilidade sostible, fomentar as políticas de emprego e seguir a apostar por un turismo sustentable".

Entre as "moitas incertezas", Corgos destacou a falta de orzamentos do Estado, prorrogados desde 2023, ou a falta de información sobre os recursos do sistema de financiamento, un ámbito no que reprochou "os vinte e tres millóns de euros menos" que Galicia recibirá das entregas a conta pendentes.

Tamén a situación a nivel internacional, tanto polas "situacións bélicas" en Ucraína e Oriente Medio, como polas tensións comerciais, debido aos novos aranceis previstos polos Estados Unidos, engaden inestabilidade ao marco orzamentario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar