Cargando resultados...
Trump rebaixa un 26% o gasto xeral pero sobe un 13% o de Defensa nos orzamentos
O gasto militar alcanzaría os 1,01 billóns de dólares

G24.gal
02/05/2025 18:30
A Administración do presidente de Estados Unidos, Donald Trump, presentou este venres a súa proposta orzamentaria para 2026, a primeira do seu segundo mandato, que contempla un recorte do 22,6 % no gasto non relacionado con Defensa.
O plan, divulgado pola Casa Branca, inclúe ademais un aumento do 13 % no orzamento destinado ao Departamento de Defensa, que alcanzaría os 1,01 billóns de dólares.
Aínda que o documento marca as prioridades do Executivo, corresponde ao Congreso redactar e aprobar a lei de orzamentos para o próximo ano fiscal.