Sergio Carreira renova co Celta ata 2029
Na súa primeira tempada con continuidade en Primeira, Carreira sumou 1.657 minutos en 23 partidos
O canteirán será xogador do Celta ata o 30 de xuño de 2029 despois de acordar a súa renovación co equipo celeste, no que tivo esta tempada a súa primeira oportunidade despois de tres cesións consecutivas en equipos de Segunda División: Mirandés, Vilarreal B e Elxe.
O vigués comezou contando con poucos minutos, pero aproveitou moi ben as oportunidade que lle brindaron certas lesións de xogadores na súa posición para dispoñer de minutos e gañar a titularidade mesmo cando estes xogadores lograron recuperarse.
Na súa primeira tempada con continuidade en Primeira, Carreira sumou 1.657 minutos en 23 partidos, 19 deles como titular. Catro anos antes, intervira en tres duelos, todos sendo da partida, sumando 259 minutos e mesmo marcando un gol fronte ao Levante.
Para o Celta, "a súa renovación non só reforza o cadro de xogadores, senón que representa a esencia dun proxecto que pon o foco no talento que reside na canteira e demostra que isto tamén vai de corazón"