Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo estuda recuperar a Jairo Noriega

O Deportivo estuda recuperar a Jairo Noriega

Realizou unha gran temporada no Ourense C. F. e podería marchar cedido este primeiro ano

Pablo López amosa un grande interese en incorporalo ao Racing de Ferrol

G24.gal 23/06/2025 20:10

O Deportivo quere recuperar a Jairo Noriega. O excanteirán branquiazul marchou o pasado verán ao Ourense Club de Fútbol, onde estivo ás ordes de Pablo López. Alí realizou unha gran temporada sendo clave no equipo ourensán, onde achegou 4 goles e 4 asistencias. Jairo despediuse a última hora deste luns do que foi o seu equipo na 24-25, que lle deu a oportunidade de brillar na Primeira Federación. 

A operación do Deportivo sería fichar o futbolista coruñés cun contrato por dúas temporadas; na primeira delas, o futbolista iría cedido ao Racing de Ferrol. No conxunto verde reencontraríase co seu exadestrador Pablo López.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade