O Rácing faille un oco no primeiro equipo á perla da canteira, David Carballo
O xogador, que acabou a súa etapa xuvenil, adestrábase de xeito habitual co primeiro equipo
David Carballo (As Pontes, 2006) terá un oco no primeiro equipo do Rácing de Ferrol. O canteirán, habitual nos adestramentos do primeiro equipo nas últimas campañas, entra de cheo no cadro de Pablo López. Na etapa infantil e cadete o centrocampista xogou no Deportivo, pero como xuvenil incorporouse á estrutura do Rácing. A súa calidade chamou a atención de Cristóbal Parralo e Alejandro Menéndez. Na 23-24 foi convocado a un partido e na 24-25 xogou catro partidos, tres de Liga e un de Copa contra o Cuarte, no que foi titular. Coa renovación total do cadro de xogadores agarda dar un salto na súa proxección e estabilizarse nun candidato a volver ao fútbol profesional.