Novas
Contido con Temática .
Sucesos

Prisión sen fianza para o suposto autor dun tiroteo en Ordes
02/06/2023 21:12
É un atracador que estaba en proceso de reinserción despois de cumprir 16 anos de cadea

Xa son 70 os mortos e 300 desaparecidos nun accidente entre tres trens na India
02/06/2023 19:40
Dous trens chocaron frontalmente e un terceiro levou por diante os vagóns, que caeron noutra vía

Piden que Garda Civil e Lazarus aclaren se se manipulou o disco duro do ordenador de Déborah
02/06/2023 18:08
A Garda Civil concluíu que non hai indicios de manipulación e a empresa Lazarus di que si. A xuíza quere reunir os técnicos no xulgado para saber cal é a verdade

Prisión para sete dos dez detidos por roubos con violencia en Galicia e Cataluña
02/06/2023 16:21
Segundo relatan os investigadores, a organización vixiaba as rutinas e os costumes das vítimas
A Garda Civil describe a banda como especialmente perigosa e atribúelle accións moi violentas

Seis anos de cadea para o acusado do triplo atropelo mortal de Salceda
02/06/2023 16:11
No sinistro morreu unha muller de 39 anos e dous fillos de 13 e 6 anos de idade
A familia está de acordo coa argumentación da sentenza pero non coa pena imposta
Valoran interpoñer un recurso como acusación particular para loitar por unha condena de nove anos de prisión

Lea ás portas do bazar chinés na Coruña
02/06/2023 13:22
Supostamente os ocupantes do vehículo roubaran algo dese establecemento minutos antes

O homicida de Velle enfróntase a petición de prisión permanente revisable
02/06/2023 12:34
É a primeira vez que se solicita esta pena en Ourense
A Fiscalía solicita para el 17 anos por asasinato e outros 7 por tentativa

Detido tras esconder un revólver no bolso da súa muller nunha discusión en Oleiros
02/06/2023 09:48
A arma era de fogueo, pero fora modificada para poder disparar con munición real e estaba cargada

Nove mortos nas protestas no Senegal tras a condena contra o líder da oposición
02/06/2023 08:25
Un tribunal de Dakar sentenciou este xoves a Sonko a dous anos de prisión por corrupción de menores
Sonko atópase retido no seu domicilio de Dakar desde o pasado domingo rodeado por forzas da orde, unha restrición que Amnistía Internacional cualificou de ilegal

A policía mexicana atopa 45 bolsas con restos humanos
02/06/2023 07:32
Os restos inclúen homes e mulleres e aínda se descoñece o número de corpos