Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un turista madrileño na praia da Rapadoira, en Foz, tras ser rescatado da auga

Falece un turista madrileño na praia da Rapadoira, en Foz, tras ser rescatado da auga

O home estaba inconsciente cando foi trasladado á area onde lle realizaron manobras de reanimación que lamentablemente non tiveron éxito

É o segundo falecido nas praias da Mariña no que vai de verán

Praia da Rapadoira, Foz
G24.gal 10/07/2025 08:05 Última actualización 10/07/2025 14:09

Un home faleceu este mércores á noitiña na Praia da Rapadoira, en Foz, tras ser rescatado do mar inconsciente

O 112 Galicia recibía a alerta ás 21:20 horas, cando varios particulares chamaban para informar de que unha persoa estaba flotando inconsciente na auga e de que algúns bañistas estaban meténdose no mar para tratar de rescatalo. A esa hora xa non había socorristas no areal, e o mar estes días anda revolto. 

De contado, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade. 

"Había unha persoa inconsciente, varios usuarios sacárona da auga e trataron de reanimala, os servizos de emerxencia seguiron coa reanimación pero xa non puideron facer nada por ela", explica Bábara Ramos, membro de Protección Civil.

O falecido é un veciño de Madrid, de 67 anos, que pasaba o verán na localidade mariñá xunto á súa muller, que o agardaba na area.

Neste caso non parece que houbera unha imprudencia, e todo apunta a que o home puido sufrir unha indisposición na auga. 

 "Estaba cerca do espigón, que é unha zona máis perigosa, pero pasaríalle o mesmo noutra zona da praia", engade Bárbara Ramos.

Este é o segundo afogamento que se rexistra nas praias da Mariña no que vai de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade