Recuperados 16.700 euros e bloqueados outros 126.000 en fraudes na Coruña
A operación foi desenvolvida polo equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil

A Garda Civil da Coruña recuperou 16.7000 euros e bloqueou outros 126.000 en distintas fraudes e estafas, segundo informou este xoves nun comunicado.
O equipo contra a ciberdelincuencia recuperou 16.700 euros vinculados a estafas sufridas por dous residentes na comarca de Bergantiños.
Unha das vítimas foi obxecto dun delito de investimentos falsos e a outra foi prexudicada por unha estafa de factura dirixida a unha empresa da zona.
O mesmo equipo bloqueou 126.000 euros máis con orixe noutra denuncia por fraude de factura cuxo diñeiro recalara nunha conta bancaria desta comunidade autónoma.
A Garda Civil apela á colaboración cidadá e advirte sobre a importancia de contar coa máxima axilidade neste tipo de denuncias, pois sitúa a rapidez como elemento clave para a recuperación do diñeiro.