Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incomunicados dende hai medio ano en Cervantes pola caída dunha ponte

Incomunicados dende hai medio ano en Cervantes pola caída dunha ponte

Os afectados teñen que dar un rodeo de ata 20 quilómetros e non dispoñen de servizos como a recollida do lixo ou a entrega do butano

Imaxe da ponte caída
Félix Aragunde 17/10/2025 21:16

A ponte que comunica Vilaxán, na parroquia cervantega de Mosteiro, coa súa contorna, derrubouse a pasada primavera. Dende entón, os veciños do lugar teñen que dar rodeos de ata vinte quilómetros para chegar ata a outra beira do río Cancelada, afluente do Navia.

Ademais, vense privados de servizos como a recollida do lixo ou a entrega de butano, xa que os camións non pasan entre as casas. E tampouco atravesaría a aldea, en caso de necesidade, un vehículo de emerxencias.

Tanto a veciñanza deste lugar coma a dos arredores aseguran que levan meses queixándose da falta dunha ponte. Malia todo, polo momento descoñecen cando van poder recuperar unha infraestrutura tan necesaria no seu día a día. 

Mentres o acceso principal ás súas vivendas segue cortado, os residentes nesta zona dos Ancares temen que a situación empeore cando chegue o inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade