Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Verea Vella, en Ourense, denuncian problemas para acceder ás vivendas

Os veciños de Verea Vella, en Ourense, denuncian problemas para acceder ás vivendas

Alertan de que o mal estado da rúa e a saturación de vehículos que aparcan na zona complican a actuación dos servizos de emerxencia e mesmo a entrada a pé nos edificios

Reclaman, ademais, a renovación da rede de saneamento con máis de medio século de antigüidade e continuas avarías

Un veciño camiña con dificultade por unha das beiravías da rúa Verea Vella, situada preto da Ponte do Milenio
G24.gal 07/10/2025 14:09 Última actualización 07/10/2025 14:43

Son máis dun cento os veciños que viven na antiga urbanización social da Verea Vella, uns edificios construídos hai máis de medio século na marxe dereita do Miño. A maior parte dos residentes son xente maior que cada día se atopa con máis dificultades para acceder ás súas vivendas.

Ás fochancas e a un muro medio derrubado, úneselle a saturación de coches que aparcan zona impedindo, moitas veces, o paso de camións ou outros vehículos de emerxencias. Reclaman que se regule o aparcamento e se acondicione a rúa para mellorar a mobilidade na zona.

Non é a única queixa. A antigüidade da rede de saneamento fai que as roturas sexan algo habitual, din, asolagando os baixos. Xa presentaron varias reclamacións. Piden que se renoven aproveitando as obras do futuro Parque de Canedo que requiren do paso de canalizacións pola zona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade