Un edificio incabado en Lalín causa preocupación entre a veciñanza
Edificios sen rematar desde hai máis de dez anos forman parte da paisaxe nalgúns concellos galegos e son foco de problemas e preocupacións para os veciños
No inmoble da rúa Álvaro Cunqueiro de Lalín habita un home de 49 anos de forma continuada desde hai máis dun ano. Constan contra el polo menos seis denuncias por agresións sexual e desorde pública, segundo fontes próximas ás investigacións. A última vez que estivo no calabozo foi a finais de agosto por un altercado nun restaurante da vila.
"O home non está pouco ben un día chegaba e estaba tirado alí, veu a ambulancia, ten habido pelexas, botellas voando"." Falei con servizos sociais pero non está censado no concello e non poden facer nada", di un home.
Pero non é o único que fai uso deste edificio que permanece en estrutura desde hai polo menos quince anos. A veciñanza asegura que outras persoas sen teito frecuentan o lugar e ocasionan problemas de convivencia.
"Hai trapicheo, pelexas, un desamparo total por parte do concello. Levo vivindo aquí 13 anos e está sen recepcionar a urbanización".
A crise inmobiliaria deixou este edificio en mans da Sareb que recentemente vendeu mediante poxa pública. Ao parecer, antes de efectuar esa venda, a sociedade pública presentou denuncia pola súa ocupación ilegal.
"Eu tirábao, non compraría un piso aí", di un veciño.
Desde o Concello agardan que co novo propietario se solucionen os problemas de ter este edificio sen rematar.