Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un motorista queda ferido en Oleiros cando trataba de esquivar un animal

Un motorista queda ferido en Oleiros cando trataba de esquivar un animal

Foron os seus propios compañeiros os que, ao velo tirado na gabia, alertaron o 112

Veciños din que na zona, onde non hai iluminación, xa se produciron varios accidentes con animais

G24.gal 03/10/2025 14:11

Na estrada que conduce ao porto de Lorbé quedaron as pegadas do sinistro. O home, veciño de Mera, duns 25 anos, circulaba na súa moto cara ao seu traballo cando sufriu o accidente. "Cruzóuselle un animal, perdeu o control e caeu da moto".

Foron os seus propios compañeiros os que, ao velo tirado na gabia, alertaron o 112. "Viñamos tamén a traballar e xa o vimos tirado na gabia. Fomos axudarlle e chamamos os servizos de emerxencias. Tiña a moto enriba dunha perna".

Aconteceu contra as sete menos dez desta mañá, nesta zona onde os veciños contan que non hai iluminación e onde xa houbo varios accidentes con animais. "Por mor dos xabarís, aí xa houbo accidentes". "Amais non hai farois, está todo ás escuras".

Desta volta, o motorista foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao CHUAC. Sufriu lesións nunha perna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade