Feridos un motorista e o seu acompañante tras chocar contra un coche en Moaña
O sinistro tivo lugar na estrada PO-551 ao seu paso por Domaio

Un motorista e o seu acompañante foron trasladados tras chocar contra un turismo na estrada PO-551 ao seu paso por Domaio, en Moaña (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse entre os quilómetros 30 e 31 desta vía pasadas as 17.10 horas. Nese momento, un particular deu aviso á central de emerxencias para alertar desta colisión, na que sinalaba que dúas persoas que viaxaban na moto quedaran tendidos no chan.
Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.
Xa no punto, os equipos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron que ambos motoristas foran trasladados ao centro hospitalario de referencia para recibir atención médica, un deles con feridas de gravidade.