Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil localiza en Culleredo un taller irregular de vehículos

A Garda Civil localiza en Culleredo un taller irregular de vehículos

O local, situado en Vilaboa, non tiña ningún tipo de identificación no exterior

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 03/10/2025 09:14

A Patrulla Fiscal da Garda Civil da Coruña (PAFIF) localizou un taller de vehículos irregular en Vilaboa, en Culleredo (A Coruña).

Os axentes estaban realizando un servizo na zona cando viron un local comercial aparentemente destinado á reparación de vehículos que non tiña ningún tipo de identificación da actividade no exterior.

Os gardas civís procederon á súa inspección. Atoparon un turismo en reparación e gran cantidade de residuos sólidos procedentes de vehículos que foran arranxados anteriormente.

Os axentes pedíronlle a documentación ao responsable do local, pero carecía dela e daquela abriron a correspondente denuncia por supostas infraccións das leis de residuos e chans contaminados de Galicia, da orde social, do emprendemento e a competitividade de Galicia e de seguridade industrial de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade