Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un vídeo feito en Mondoñedo de serigrafía sobre barro convértese en viral a nivel mundial

Un vídeo feito en Mondoñedo de serigrafía sobre barro convértese en viral a nivel mundial

Os primeiros sorprendidos foron os dous oleiros que innovaron con esta técnica de estampación

Asegura esta parella de artesáns que desde entón os solicitan máis para impartir cursos e reciben máis encargas de traballo 

G24.gal 30/08/2026 13:54

Un vídeo no que ensinan como estampar sobre barro converteu a estes dous oleiros que teñen o seu taller en Mondoñedo en auténticas figuras da cerámica. 

"Xamais imaxinabamos que podería pasar isto cun vídeo tan curtiño e sinxelo", manifesta unha das oleiras que sae no vídeo, María del Carmen Juncal. 

"Foi un vídeo de doce segundos sen intención de 'imos viralinarnos con isto", indica o seu compañeiro Marcelo Escapinachis. 

Desde entón saíronlles varios encargas e peticións de talleres e cursos. A iniciativa de aplicar a serigrafía ao barro xurdiu para innovar á hora de atender unha petición do concello para facer as tazas do mercado medieval. Explica o oleiro Marcelo Escapinachis que era unha técnica que xa coñecía desde mozo e que "fixemos unha pequena práctica e vimos que saiu ben".

Ten ademais a vantaxe de que a estampación se fai nunha soa cocción e aforra custes e tempo. Esta técnica innovadora serviulles sobre todo para dar máis visibilidade ao seu oficio, no que siguen innovando desde o seu taller situado no barrio dos Muiños de Mondoñedo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade