Tres persoas resultan intoxicadas por monóxido de carbono nun taller de Narón
O incidente foi provocado pola mala combustión dun xerador de gasóleo
Os veciños do edificio situado enriba do taller foron desaloxados
Imaxe cedida polos Bombeiros de Narón
Tres persoas resultaron intoxicadas, unha delas mesmo foi trasladada ao hospital público de Ferrol, tras unha intoxicación por monóxido de carbono nun taller de Narón, informou este sábado o 112 Galicia.
O suceso aconteceu ao redor das 15:20 horas no tramo da estrada de Castela correspondente ao barrio de Xuvia e transcendeu tras unha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao 112 Galicia, na que se indicou que, inicialmente, dúas persoas resultaran intoxicadas por unha posible intoxicación nun taller.
O servizo autonómico mobilizou ás policías Local e Nacional e aos bombeiros naroneses, que determinaron que o incidente foi provocado pola mala combustión dun xerador de gasóleo, cuns valores de monóxido de carbono no establecemento que superaban os recomendados.
Os veciños do edicifio onde está situado o taller foron desaloxados.