Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ruído, o lixo e as mascotas, principais foco de conflicto nas comunidades de veciños

O ruído, o lixo e as mascotas, principais foco de conflicto nas comunidades de veciños

Non é aconsellable deixar notas anónimas coas queixas 

A mediación dos administradores das propiedades e o respecto, chaves para a boa convivencia

 

 

 

G24.gal 03/10/2025 14:51

Vivir en comunidade non é facil e menos cando algún veciño decide saltar as normas. eles mosmos cóntanos algúns exemplos:

"Vivo nun baixo e me tiran de todo, desde codias de laranxa a faragullas de pan, todo o imaxinable"

"O típico veciños que colga a roupa mollada e vai pingando no resto dos tendais"

"Cando ladra meu can éntrame o agobio, que pensarán os veciños?... 

"As cabichas no portal ou ao que lle molesta que lle aparquen diante"

"Temos que aguantar aos demáis, e eles a nós"

A lista de queixas pode ser interminable, pero as máis repetidas teñen tres elementos en común.

"Os ruidos, tirar lixo nos patios de luces e os animais soltos ou que mexan no ascensor", explica Mónica Calviño, de Noval Xestión Inmobiliaria.

Para os expertos, deixar notas anónimas non fai máis que alimentar o conflito.

"Iso pode provocar máis rencillas entre residentes que contestan as notas. Mellor que nolo trasladen a nós e nós poñemos a nota. Non é o mesmo efecto", comenta María Berdullas, de Noval Xestión Inmobiliaria.

"Nós poñemos os avisos e as veces fan caso e outras non, porque realmente todos saben que non pode facer esas cousas", engade Mónica Calviño.

Se os avisos dos administradores das propiedades ou dos presidentes da comunidade non teñen efecto, pódense chegar a adoptar medidas máis drásticas. Pero cómpre ter probas e ganas de denunciar o compañeiro de ascensor.

"Moitas veces sabes quen é pero non podes probalo"

"Eu paso de protestar moito porque tamén pode ser que mañá protesten por min"

"Chegar a denunciar un veciño é moi triste. Primeiro hai que intentar a vía amistosa, pero as veces non queda outro remedio que denunciar", engade a administradora da propiedade.

Ao final, din, todo pasa por cumprir unhas normas básicas de convivencia que todos coñecemos e algúns esquecen para desesperación do resto do bloque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade