Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cabalos toman as rúas de Mondoñedo polas San Lucas

Os cabalos toman as rúas de Mondoñedo polas San Lucas

É a feira máis antiga de Galicia, celébrase desde o ano 1156

G24.gal 17/10/2025 21:28 Última actualización 17/10/2025 22:59

Os cabalos tomaron as rúas de Mondoñedo nunha nova edición das San Lucas, a que pasa por ser a feira máis antiga de Galicia. Celébrase desde o ano 1156 e esta é a edición 869.

Un dos momentos máis espectaculares da festa é o que se viviu na tarde deste venres, coa baixada dos cabalos desde os montes próximos, onde viven en liberdade durante todo o ano, ata a vila.

Os criadores locais van conducindo as mandas de cabalos ata o campo da feira, a onde chegan tras pasar polas rúas máis emblemáticas de Mondoñedo: polo barrio dos Muíños, a rúa San Roque, a Fonte Vella e a Praza da Catedral.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade