Contido con Temática .
Igualdade

O avogado de Hermoso: "Non estamos ante un consentimento, estamos ante un sometemento"
13/02/2025 16:25
A avogada de Rubiales sostén que Hermoso dixo "pois vale" ao bico, e iso é consentir

A fiscala destaca o poder de Rubiales: "Unha xogadora enfrontada a un presidente que o mandaba todo"
12/02/2025 15:35
A acusación asegura con rotundidade que "non houbo consentimento" e alza a voz: "Temos que esixir a Jenni Hermoso que vaia a un recuncho para chorar?"

12/02/2025 11:54
O exseleccionador recoñece que informou a Rubiales e asegura que "igual tiña" que preguntarlle a Jenni como se atopaba tras o incidente

Ratifican a condena de 13 anos de prisión imposta a un profesor por abusar dunha alumna
12/02/2025 11:40
O acusado estableceu conversación coa vítima a través dunha rede social usando un alias para que lle enviara fotografías e vídeos íntimos

O novo pacto de Estado contra a violencia machista disporá de 1.500 millóns
11/02/2025 15:41
Por primeira vez tipifícase como delito a violencia económica contra as mulleres

11/02/2025 14:13
O Goberno defende que as reformas buscan promover "un cambio de paradigma" que avance cara a un modelo de coidados baseados na comunidade e que fomente a autonomía
O servizo de axuda a domicilio buca ir máis alá do fogar e amplíase a prestación para coidados a persoas achegadas atendendo ás novas situacións de convivencia, como veciños ou amigos

Prohiben ao profesor do Valadouro achegarse ás dúas alumnas que o denunciaron por agresión sexual
10/02/2025 16:45
Este luns declarou no xulgado unha das denunciantes, de dezaseis anos

Sánchez pídelles aos xuíces que repasen a lei de violencia de xénero
10/02/2025 14:32
"Hai interrogatorios que non despexan dúbidas, auméntanas", di o presidente do Goberno que pide que "non permitamos que unha mala praxe ou a falta de empatía leven unha soa muller a preguntarse se merece a pena a denuncia"

Tomé asegura que non convocar a Jenni Hermoso tras o bico de Rubiales "non foi un castigo"
10/02/2025 12:26
Á adestradora, segunda de Vilda durante varios anos, preguntáronlle en reiteradas ocasións sobre os motivos que a levaron a excluír a xogadora na primeira convocatoria tras o Mundial, cando ela xa estaba á fronte do conxunto feminino
O xuíz José Manuel Fernández-Prieto interrompeu o interrogatorio en múltiples ocasións, ao considerar que, coas preguntas das acusacións, parecía que se estaba axuizando a adestradora, e que ademais excedían o obxecto do xuízo

Condenado por afeitarlle as cellas e cortarlle o pelo á súa parella mentres durmía
07/02/2025 16:03
Cando espertou meteulle parte do cabelo cortado na boca para rirse dela
A pena é de dous anos e catro meses un delito contra a integridade moral, un de lesións e outro de vexacións
Recibiu agravantes por discriminación de xénero e reincidencia, e un atenuante por consumo de alcol e pastillas

O TSXG confirma a condena a José Eirín a 22 anos de cárcere por asasinar a Jéssica Méndez
07/02/2025 11:53
O acusado golpeara mortalmente a muller co seu vehículo, tras anos de odio cara a ela despois de que rexeitara unha relación con el
Os membros do xurado concluíron que “o modo en que acusado dirixiu o seu vehículo e impactou violentamente contra o da vítima eliminou calquera posibilidade de reacción defensiva”

06/02/2025 12:41
Non acudirá á gala dos Goya do próximo sábado en Granada para evitar que continúe a controversia
Tamén estará ausente dos eventos que se celebran estes días nos Ánxeles
Jacques Audiard, director da película: "O que dixo Karla Sofía é imperdoable"

O irmán de Jenni Hermoso di que Jorge Vilda tentou coaccionalo para quitar importancia ao bico
05/02/2025 13:54
Rafael Hermoso asegura que Vilda díxolle: "Mándame o presi (Rubiales) para que fale contigo para ver se ti podes falar coa túa irmá e convencela de que saia nun vídeo conxunto dicindo que o bico era un acto consentido"
Rafael Hermoso explica que o exseleccionador os advertiu das "consecuencias profesionais e persoais que isto podía ter para a miña irmá"

Deteñen un home en Sevilla tras confesar que asasinou unha muller
05/02/2025 13:43
Nin o detido nin a falecida estaban no sistema VioGén de atención ás vítimas de violencia machista

O "bico non consentido" de Rubiales a Hermoso tras gañar o Mundial feminino
03/02/2025 12:41
A xogadora deixa o caso en mans do seu sindicato, que esixe medidas exemplares á Federación
A xogadora responde nun comunicado que non houbo consentimento e que se sentiu vítima dunha agresión, e acaba presentando unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado

Hermoso di que Rubiales non a respectou: "Estaba a bicarme o meu xefe, e iso non debe ocorrer"
03/02/2025 08:47
A preguntas da tenenta fiscal da Audiencia Nacional, Marta Durántez, Hermoso asegurou que Rubiales manchou "un dos días máis felices" da súa vida
Rubiales, que se enfronta a unha petición de dous anos e medio de prisión, senta no banco xunto ao exdirector deportivo da selección masculina Albert Luque, o exadestrador da feminina Jorge Vilda e o antigo responsable de márketing da RFEF Rubén Rivera, acusados de coaccionaren a xogadora para que xustificase o bico
O "bico non consentido" de Rubiales a Hermoso tras gañar o Mundial feminino

Centos de persoas piden en Langreo "non mirar para outro lado" na violencia machista
02/02/2025 11:19
Condenaron o asasinato da súa veciña Karilena a mans da súa parella
A vítima tiña 40 anos e tres fillos menores dunha relación anterior

Decenas de miles de persoas din "basta" na Arxentina aos discursos de odio de Milei
02/02/2025 09:08
A denominada Marcha Federal do Orgullo Antifascista e Antirracista foi convocada por máis dun cento de organizacións LGTBI+

Un home de 72 anos mata a coiteladas a súa parella no concello asturiano de Langreo
01/02/2025 10:18
A muller, a primeira vítima por violencia machista do ano no país, tiña 40 anos e tres fillos

Un home mata a nai da súa exparella en Murcia, que recibiu un disparo dirixido á súa filla
23/01/2025 10:12
A vítima interpúxose na traxectoria da bala cando o autor do crime disparou contra a súa exmoza

20/01/2025 16:40
Publícanse os videos das declaracións ante o xuiz: Errejón dixo que dmitiu porque era incoherente defenderse e seguir en Sumar
Mouliaá dixo ao xuíz que Errejón actuou de forma "fría" e tardou en denunciar "por medo": "Parou porque eu me zafei"
O vídeo da súa declaración xudicial deixa ver as dúbidas do xuíz Carretero, que cuestiona varias veces o seu testemuño: "Estaba moi ebria?", "Seguro?"

Xulgan en Alacant un home de 73 anos por asasinar e despezar a súa parella
20/01/2025 13:41
A Fiscalía cualifica os feitos como asasinato con aleivosía e asañamento, coas agravantes de parentesco e discriminación por razón de xénero

Errejón sostén ante o xuíz que a relación con Elisa Mouliáa foi consentida
16/01/2025 12:01
O político explicou que non dimitiu foi pola denuncia de agresión sexual, senón porque perdera a confianza
A actriz ratifica que dixo non a Errejón e suxire que puido botarlle "algo" na bebida

VioGén 2: Interior dá un "salto tecnolóxico" na protección fronte á violencia machista
15/01/2025 16:00
Este sistema ten como obxectivo mellorar a seguridade das mulleres e os seus fillos, sobre todo nos casos de maior complexidade, perigo e vulnerabilidade
Inclúe cambios nos niveis de risco, unha mellor interoperabilidade entre institucións e a creación dos "casos en revisión", para protexer as vítimas durante máis tempo

Nove detidos e seis vítimas liberadas dunha rede de tráfico de persoas en Galicia e nas Canarias
15/01/2025 11:17
Os investigadores descubriron unha organización para captar mulleres mozas en Venezuela para despois trasladalas a Tenerife e explotalas sexualmente tras contraer unha débeda aproximada de 6.000 euros
A Policía Nacional lembra que se pode informar de forma anónima se se ten coñecemento, indicios ou sospeitas sobre tráfico de persoas na súa páxina web oficial dentro do apartado "Colabora", opción "Trata"

Condenado a un ano e oito meses de prisión por afogar a cadela da súa exparella
15/01/2025 09:56
A intención do home era predeterminada e "co fin de minguar a integridade e a vida" do animal
Aplícaselle a agravante de intentar "coaccionar, intimidar, acosar ou producir danos psíquicos" á muller, polo que terá que indemnizala con 5.000 euros

Varias mulleres acusan o escritor británico Neil Gaiman de agresión sexual
14/01/2025 12:30
Oito mulleres contan o seu caso á revista New York Magazine, pero en total son doce as que acusaron o autor de The Sandman, e todas coinciden en describir prácticas de sexo duro e sadomasoquistas sen consentimento
Representantes do escritor defenderon que todos os encontros foron acordados
.jpg)
13/01/2025 14:42
Rexeitan a cualificación de asasinato e piden a revisión da condena
Négase a "intención de matar" e piden a cualificación "en todo caso, de homicidio imprudente"

Fala a filla de Pelicot: "Creo que a min tamén me violou"
13/01/2025 13:49
Desvelou na BBC que a policía atopou no ordenador do pai imaxes de cando ela era moza, inconsciente nunha cama e só con roupa interior
Hoxe Caroline Darian, que renunciou ao apelido paterno, ten 46 anos e dedícase a loitar contra a submisión química

Eirín recorre a súa condena polo crime de Jéssica Méndez: "O máis probable é que quedase durmido"
13/01/2025 13:24
O condenado nega a intención de matar e pide a absolución

Inaugúrase en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia
10/01/2025 15:17
Conta con 11.000 metros cadrados e un total de 59 prazas concibidas para atender as necesidades dos transportistas en ruta
Ten un sistema de videovixilancia de última xeración, zona de carga para frigoríficos e wifi

Meta modifica a súa política e permitirá denominar "enfermas mentais" as persoas LGTBIQ+
10/01/2025 13:47
Eliminouse unha parte da normativa na que se especificaba que estaba prohibido referirse ás mulleres como "obxectos do fogar ou propiedade"
Mark Zuckerberg non anunciou os cambios sobre condutas que incitan ao odio

O fillo de Juana Rivas seguirá en España ata que se resolva que xulgado leva o caso
10/01/2025 11:48
O neno chegou o 22 de decembro a España cun permiso para visitar a súa nai e o seu irmán e debía regresar inicialmente o 2 de xaneiro
Residía en Italia co seu pai, quen tiña a súa custodia

Homenaxean unha veciña da Bola, pioneira ao volante
09/01/2025 20:14
Foi unha das primeiras mulleres en quitar o carné de conducir en Ourense e converteuse en todo un referente na comarca de Celanova, onde lles fixo de taxista, de balde, aos veciños da zona
Julia Vázquez Álvarez, de 82 anos, é a protagonista do mes na campaña pola Igualdade da Deputación de Ourense

A xustiza paraliza de forma provisional o regreso do fillo de Juana Rivas a Italia
08/01/2025 08:51
Antes de tomar a decisión, a xuíz de garda e o fiscal escoitaron o menor, de dez anos, no transcurso dunha exploración celebrada en dependencias xudiciais
O menor, que reside en Italia co seu pai, estaba de vacacións coa súa nai desde o pasado 22 de decembro

07/01/2025 17:25
A representación de Rivas pediu medidas de protección internacional para que o seu fillo menor non regrese a Italia

Á espera de pasar a disposición xudicial o home detido por matar a súa nai en Barakaldo
04/01/2025 14:20
A autopsia que realiza o Instituto vasco de Medicina Legal determinará as causas da morte
Non existían denuncias previas de violencia doméstica

En liberdade os dous mozos de 24 anos acusados de agredir sexualmente unha menor en Lugo
03/01/2025 16:55
Como medidas cautelares deberán comparecer perante o xulgado cada 15 días e non poderán achegarse á menor a menos de 200 metros nin comunicarse con ela de ningunha forma
A Fiscalía non solicitou para eles pena de prisión

Dous detidos en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor durante a Noitevella
02/01/2025 12:46
A vítima, de 16 anos, denunciou que cando saía dun local de lecer na madrugada de fin de ano foi abordada e rodeada por un grupo de homes e que dous deles lle fixeron tocamentos

O detido por matar unha muller en Almería tentou queimar o cadáver
02/01/2025 09:06
O home, que primeiro declarou na comisaría que "presenciara un homicicio", acabou confesando a autoría do crime