Novas


Os podólogos non recomendan as chancletas, os zocos de plástico e as sandalias planas porque poden lesionar os pés

26/06/2025 21:36

Son preferibles os zapatos estables e cun bo soporte que suxeiten o calcaño e a empeña para evitar deformidades e lesións

Categorías:  Sociedade   Saúde   Galicia
Etiquetas:  SAÚDE

Tomé dá por rematada a crise aberta tras a ausencia de 3 deputados do pleno da Deputación de Lugo

26/06/2025 21:10

A reunión dos membros do grupo provincial rematou, segundo relatou o presidente da institución, co "compromiso de non volver repetir ese feito insólito"

Tomé, tamén secretario provincial do PSdeG, desvincula a crise do proceso de primarias


Acciona nega irregularidades nas adxudicacións que se investigan no caso Koldo

26/06/2025 20:49

O presidente Entrecanales asegura que non coñece a Koldo, Cerdán e Merino

A empresa recoñece posibles fallos de control, pero defende a legalidade dos contratos

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  CASO KOLDO

Regresan as brétemas costeiras

26/06/2025 20:41

Categorías:  O Tempo

Izan, un capitán de oito anos, construíu unha réplica do Titanic en Nigrán

26/06/2025 20:09

Coa axuda do seu tío Fernando, emulou cada detalle do barco orixinal 

A nave que botaron mide máis de seis metros e nela poden navegar dúas persoas

Etiquetas:  BARCO

Sophie Hugon / Consello Europeo / dpa

Israel considera moralmente indefendible que Sánchez pida o cesamento do acordo deste país coa UE

26/06/2025 19:28

A Embaixada acusa a España de non condenar os ataques iranianos e colocarse no lado equivocado da historia

Pedro Sánchez pediu ao Consello Europeo a suspensión do acordo polo incumprimento do artigo 2 de respecto aos Dereitos Humanos

Exteriores convoca o representante da embaixada de Israel en Madrid 


Denis Suárez loa o Celta: "Meterse en Europa coa xente da casa ten un valor enorme"

26/06/2025 19:14

O de Salceda de Caselas xogará a Champions a vindeira temporada co Vilarreal

Categorías:  Deportes   Celta

A economía dos Estados Unidos contráese por primeira vez en tres anos

26/06/2025 19:13

O PIB caeu un 0,5 %, coincidindo coa guerra comercial imposta por Donald Trump

Categorías:  Política   Mundo
Etiquetas:  DONALD TRUMP   OS EUA

EFE/Marcial Guillén

Falecen as dúas mulleres feridas de gravidade pola explosión dun bar en Murcia

26/06/2025 17:40

As dúas permanecían ingresadas no hospital da Arrixaca desde o 19 de xuño

O suceso deixou ademais 17 feridos 

Etiquetas:  ACCIDENTE

REUTERS/Stelios Misinas

Un grande incendio nas aforas de Atenas obriga a evacuar centos de persoas

26/06/2025 17:40

Trátase dunha zona de veraneo, polo que probablemente haberá que sumar moitos desprazamentos aos dos 1.000 habitantes evacuados

A Garda Costeira está alerta por se fose necesario realizar evacuacións por vía marítima

Un equipo especial dos bombeiros investiga se o incendio foi provocado 


Declarado culpable de asasinato e agresión sexual o autor confeso da morte de Elisa Abruñedo en Cabanas

26/06/2025 16:23

O tribunal do xurado emitiu un veredicto unánime tras dez anos da morte

A Fiscalía pide 32 anos de prisión e as acusacións particulares elevan a petición a 37


Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña (Deputación da Coruña)

O Concello de Santiago reproba a Formoso por apoiar a creación dun grao de Medicina na UDC

26/06/2025 16:21

A reprobación do presidente da Deputación da Coruña saíu adiante co voto a favor dos catro concelleiros non adscritos e a abstención do resto do pleno

O PSOE compostelán di que non comparte as declaracións de Formoso, pero non ve pertinente a reprobación

A voceira municipal do BNG considera que o asunto "non vai de medicina, vai doutra cousa"



Alfonso Rueda este xoves no Concello da Coruña (EFE / Moncho Fuentes)

Rueda cre que o aval do TC á lei de amnistía é a antesala de moitas desigualdades

26/06/2025 16:11

O presidente da Xunta cre que esta decisión supoñerá cesións a moitas das cuestións que está a esixir o independentismo catalán


Sanidade pide doazóns urxentes de sangue dos grupos A+, A-, 0+ e B+

26/06/2025 16:08

O grupo A positivo atópase en nivel crítico

Galicia precisa 500 doazóns diarias para garantir a actividade hospitalaria

Categorías:  Sociedade   Saúde   Galicia
Etiquetas:  DOAZÓN

O xulgado de Negreira abre xuízo oral contra o exalcalde da Baña por apropiación de móbiles

26/06/2025 15:46

Acúsano de malversación pola desaparición de seis teléfonos do Concello

O proceso tamén inclúe a súa exparella como cooperadora necesaria

Etiquetas:  PP   CORRUPCIÓN

Foto Deportivo

Jairo Noriega, primeiro reforzo do Deportivo

26/06/2025 15:35

Regresa  logo dunha exitosa temporada no Ourense C. F. de Primera Federación

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Galicia participa nun proxecto que busca mellorar a condución automatizada

26/06/2025 15:33

No Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) buscan evitar erros en relación aos semáforos ou ás incorporacións na vía

Polo momento os vehículos sofren desconexións que obrigan o condutor a tomar os mandos


A Xustiza suspende a sanción de Consumo a Ryanair e Norwegian por cobrar a equipaxe de man

26/06/2025 15:12

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid motiva a súa decisión na complexidade de prexulgar o asunto e nas dificultades para as tesourerías das compañías

A decisión está condicionada á achega dun aval de 110 millóns para Ryanair e de 1,8 millóns para Norwegian


Xunta e Concello da Coruña dan luz verde ao Novo Santa Lucía

26/06/2025 15:12

Construirase un novo centro de saúde, unha superficie comercial e un centro cívico para A Falperra


O acusado da morte dun matrimonio nun accidente na Coruña di que viu unha sombra e que bateu contra ela

26/06/2025 14:50

Asegurou que aquela tarde de Noiteboa de 2020 chovía moito e que el circulaba entre 50 e 60 km/h

O xuízo xa quedou visto para sentenza


Golpe aos intermediarios da droga no operativo aínda en marcha en Vilanova de Arousa

26/06/2025 14:46

A policía comisou marihuana, cocaína, haxix e instrumental para procesar e distribuír a droga

Os detidos, polo menos un deles xa con antecedentes, vendíanlle a traficantes de pequena escala

A parella detida en András estaba no foco da policía e da veciñanza, polo ir e vir constante de coches


Santiago estrea a nova estación de tren Daniel Castelao

26/06/2025 14:45

Numeroso tránsito de pasaxeiros, turistas e curiosos no primeiro día de servizo

A nova terminal, conectada coa estación de bus, acollerá catro millóns de pasaxeiros ao ano


Imaxe desde xoves dun mecánico revisando o motor dun turismo nun taller de Lestedo, Boqueixón

O mantemento e a revisión axeitada do coche, factores esenciais para unha viaxe sen sobresaltos

26/06/2025 14:24

Comprobar o bo estado e funcionamento dos elementos de seguridade, de iluminación e de climatización dos vehículos é moi importante para emprender viaxe por estrada

Etiquetas:  TALLERES   COCHES

O xuízo pola queima de dous buses urbanos de Vigo queda visto para sentenza

26/06/2025 14:00

O Fiscal mantén as penas de 20 anos de cárcere para o principal acusado e 10 para a súa parella, condutora dun dos autobuses queimados


A expresidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, á súa chegada a declarar no Tribunal Supremo o pasado 5 de marzo polo caso Koldo (Gabriel Luengas/Europa Press)

A UCO acode á casa de Pardo de Vera e á do exdirector de Estradas Javier Herrero polo caso Koldo

26/06/2025 13:58

Segundo a Garda Civil, ambos poderían "prestar asistencia" ao exministro José Luis Ábalos para as "indebidas adxudicacións" de obra pública a cambio de comisións 

Acciona nega irregularidades nas adxudicacións que se investigan no caso Koldo

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  CASO KOLDO   UCO

Yolanda Díaz e Miriam Nogueras reunidas hoxe. EFE.

Atáscase a negociación entre Junts e Yolanda Díaz pola redución da xornada laboral

26/06/2025 13:49

Os cataláns aseguran que van ter que cambiar a proposta para que a acepten

Os de Sumar son positivistas e pensan seguir negociando ata o último momento


Policía Local Lugo

As cámaras de vixilancia identifican un condutor que fuxiu de varios accidentes en Lugo

26/06/2025 13:47

Ademais de ser sancionado, retiróuselle o carné durante tres anos e terá que indemnizar a vítima do último accidente


Empezan as rebaixas de verán

26/06/2025 13:32

O xigante Inditex empezou esta mañá coas ofertas nas tendas físicas

Outros comercios xa adiantaran os descontos en días anteriores

 

Etiquetas:  COMERCIO   REBAIXAS

Louzán destitúe a Medina Cantalejo e toda a cúpula do Comité Técnico de Árbitros

26/06/2025 13:13

A Federación presentará a nova estrutura do mesmo o próximo 2 de xullo

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  RFEF   RAFAEL LOUZÁN

Concentracións deste mes contra as reformas na xustiza (Europapress)

O CXPX acorda por unanimidade que a folga de xuíces carece de base legal

26/06/2025 13:12

Fontes do Poder Xudicial sosteñen que non se prevén sancións disciplinarias aos xuíces que participen na folga contra as reformas en material de xustiza anunciadas polo Goberno


EFE/J.L. Cereijido

Interior reforza a protección ás vítimas de violencia machista durante o verán

26/06/2025 13:07

A secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, enviou unha instrución, datada o 23 de xuño, en que pide ese reforzo ata o 14 de setembro, dado que as estatísticas mostran que o período estival é un dos máis críticos para as vítimas de violencia machista

Segundo informou o Ministerio do Interior, os axentes terán que extremar as medidas de seguridade en casos de especial relevancia ou que inclúen a menores en risco, en que a muller sufrise episodios previos de violencia con outros autores e agresores persistentes


Adrián Baúlde/Europa Press

A Guía Repsol seleciona 23 novos bares como Soletes en Galicia

26/06/2025 12:32

A provincia que máis distintivos conseguiu foi A Coruña

En España seleccionáronse máis de 260, superando os 5.000 totais


Gilsanz considera que o posto que lle ofreceu o Dépor "non era onde máis podía achegar"

26/06/2025 12:31

Dixo despedirse “con orgullo” de pertencer ao Dépor, sobre todo nos anos “máis duros” da historia do club

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

Manifestación da Diada (EFE/Enric Fontcuberta)

Sánchez cre "unha magnífica noticia" a decisión sobre a amnistía, e Feijóo di que a lei é "un exercicio de corrupción"

26/06/2025 12:19

O presidente do Goberno cre que a decisión do TC pecha unha crise "que nunca debeu saír da política"

O líder do PP di que a lei, "diga o que diga un Tribunal Constitucional dividido", "é unha vergoña para calquera demócrata"

Salvador Illa di que coa amnistía "as cousas van mellor" e pide acelerar a súa aplicación


Carles Marco: "Non imos estar todos os días pensando no ascenso"

26/06/2025 12:03

O técnico badalonés chega coa liga francesa debaixo do brazo, conquistada como asistente de Tiago Splitter no París Basketball


Stellantis Vigo suspende a súa quenda de noite este xoves por falta de pezas

26/06/2025 12:01

A ensamblase do Peugeot 2008 suspendese tamén na hora de traballo complementaria


Foto COB

O Ourense ficha o internacional bahameño Kentwan Smith

26/06/2025 11:49

Chega procedente do Anorthosis Famagusta de Chipre, equipo co que disputou a FIBA Europe Cup a pasada tempada

Etiquetas:  COB OURENSE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, á súa chegada ao cumio de líderes da UE (REUTERS/Yves Herman)

Sánchez responde ao enfado de Trump: "España é un país soberano"

26/06/2025 11:24

O presidente do Goberno esgrimiu este xoves que España é un "país soberano" e como tal decidiu que non elevará ao 5 % o gasto en defensa, aínda que está comprometido con cumprir cos seus compromisos coa OTAN

Feijóo reprocha a Sánchez que asinase o 5 % coa OTAN pero queira gastar menos: "Tentou mentir a todos"

Do aceite de oliva ao viño, cales son os produtos máis afectados pola nova ameaza arancelaria de Trump?

Publicidade
Publicidade