Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz considera que o posto que lle ofreceu o Dépor "non era onde máis podía achegar"

Gilsanz considera que o posto que lle ofreceu o Dépor "non era onde máis podía achegar"

Dixo despedirse “con orgullo” de pertencer ao Dépor, sobre todo nos anos “máis duros” da historia do club

G24.gal 26/06/2025 12:31 Última actualización 26/06/2025 12:40

Óscar Gilsanz explicou este xoves que o posto que lle ofreceu o R. C. Deportivo -coordinador da Escola de Adestradores e Proxectos Formativos Externos do club- “non era onde eu cría que podía achegar ou axudar”, por iso decidiu rexeitar a oferta para seguir vinculado á entidade branca e azul.

“Entendérono perfectamente e iso non quita que no futuro, ante calquera situación que se poida dar, cheguemos a un encontro. Pero agora non era a situación que entendía na que podía achegar”, subliñou.

O xa extécnico branco e azul, que non aceptou preguntas dos xornalistas e limitouse a ler un comunicado de agradecementos, lembrou que chegou ao Dépor no verán de 2020, “nunha situación moi complicada tanto para a sociedade, co verán afectado pola pandemia, como para o club, co descenso ante o Fuenlabrada”.

“Desde aquel momento, cada ano foi mellor que o anterior. Catro anos e tres meses despois, o club decide darme os mandos do primeiro equipo -tras a destitución do técnico do ascenso a Segunda, Imanol Idiakez- sen case tempo para pensalo. A ilusión e a responsabilidade, a partes iguais, foron os mellores compañeiros de viaxe nestes sete meses de vertixe”, manifestou.

Dixo despedirse “con orgullo” de pertencer ao Dépor, sobre todo nos anos “máis duros” da historia do club, e agradeceu ao presidente Juan Carlos Escotet e á súa xunta directiva a confianza que sempre lle transmitiron.

“Vou agradecido por permitirme demostrar que un adestrador galego, de Betanzos e deportivista, que se formou en Abegondo, ten a capacidade de levar ao deportivo a conseguir o obxectivo”, sentenciou Gilsanz.

Dixo tamén estar convencido de que o Dépor volverá a Primeira División

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar