Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago estrea a nova estación de tren Daniel Castelao

Santiago estrea a nova estación de tren Daniel Castelao

Numeroso tránsito de pasaxeiros, turistas e curiosos no primeiro día de servizo

A nova terminal, conectada coa estación de bus, acollerá catro millóns de pasaxeiros ao ano

G24.gal 26/06/2025 14:45

"É o primeiro día? Hai moitísima xente!".

"Levei unha grata sorpresa, é moi ampla e moi cómoda ao estar unida á estación de bus".

"A de antes era unha estación de vila, esta xa é propia dunha capital".

"É un orgullo, moi bonita e dedicada a Castelao ademais".

Son as impresións dos primeiros pasaxeiros que pisan a nova estación de tren de Santiago, a terminal Daniel Castelao. A estrea colleu por sorpresa a máis dun, que non sabía que hoxe era un día histórico.

"Non sabia que era a o primeiro día, está moi ben".

"Fomos directos á estación vella, non sabiamos nada, pero alí xa vimos os carteis que indicaban o acceso ao novo edificio".

Unha xornada de preguntas, axustes e moito tránsito de viaxeiros, turistas e curiosos que viñan ver o novo edificio, conectado coa estación de bus e preparado para acoller catro millóns de viaxeiros ao ano.

"Que sexa intermodal é unha marabilla, a ver se nos rematan pronto a intermodal na Coruña".

"É moi cómodo, non tes que saír á rúa para cambiar do tren ao bus".

"Esta estación é máis grande, ten máis baños, unha cafetería nova e moitos asentos para agardar, a vella era pequena".

"A min gústame a luz, non estás agoniado, é antiestrés".

Coa estación Castelao Santiago gaña tamén unha nova praza pública, a que dá acceso ao conxunto. Nel quedará integrada a vella estación, que pasará a ter usos técnicos e formativos. Tamén está prevista a construción dun aparcadoiro en altura con 900 prazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade