A oferta de prazas nos aeroportos galegos descenderá un 17 % este inverno
Os empresarios galegos din que a falta de conexións aéreas afecta a competitividade
A Xunta vencella a perda de prazas co "desidia" de Aena
As previsións de crecemento en número de viaxeiros nos aeroportos de España chocan coas de Galicia. Para este inverno estímase que se perda o 17 % da oferta de asentos.
Unha situación que preocupa ás empresas galegas, que piden maior coordinación para que se complementen os horarios entre os tres aeroportos. Esa perda na oferta de billetes vén motivada en parte pola marcha de Ryanair dos aeroportos galegos. A aeroliña apuntaba como causa as taxas aeroportuarias.
Dende o Goberno central non contemplan un cambio desas taxas. A Xunta reclama que se teñan en conta as características de cada aeroporto para aplicar esas taxas.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou que, grazas ás campañas de promoción da Xunta, unha nova aeroliña operará a ruta entre Nova York e Santiago de Compostela.