Jairo Noriega, primeiro reforzo do Deportivo
Regresa logo dunha exitosa temporada no Ourense C. F. de Primera Federación

Jairo Noriega regresa ao R. C. Deportivo logo dunha exitosa temporada no Ourense C. F. de Primera Federación. Firma ata 2028, con opción a unha temporada máis.
Formado na canteira deportivista desde benxamíns na mesma xeración que Dani Barcia, este centrocampista ofensivo xogou 29 partidos esta pasada temporada (2024-25) no Ourense C. F., marcou 2 goles e deu 3 asistencias; ademais de disputar 4 partidos na Copa do Rei, con 2 goles e 1 asistencia.
En Segunda Federación co Fabril (temporada 2023-24) disputou 26 partidos, con 2 goles e 2 asistencias.
Debutou co primeiro equipo o 1 de novembro de 2023, con motivo do partido de Copa do Rei entre o Deportivo e o CD Covadonga disputado en Langreo.
No currículo de Jairo Noriega tamén figuran dous partidos co Xuvenil A na Youth League (temporada 2021-22), ante o Maccabi Haifa e o Dinamo de Kiev, ambos en ABANCA-RIAZOR.