Os podólogos non recomendan as chancletas, os zocos de plástico e as sandalias planas porque poden lesionar os pés
Os podólogos non recomendan as chancletas, os zocos de plástico e as sandalias planas porque poden lesionar os pés
Son preferibles os zapatos estables e cun bo soporte que suxeiten o calcaño e a empeña para evitar deformidades e lesións
Coa calor do verán buscamos calzado fresco como as chancletas e os zocos abertos. Pero esa comodidade e lixeireza xoga moitas veces en contra da saúde dos nosos pes.
Os podólogos recomendan zapatos estables e cun bo soporte que suxeiten o calcaño e a empeña para evitar deformidades e lesións.
Os sentidos engánannos da cabeza aos pes, literalmente. No verán o corpo pide zapatos lixeiros, abertos e as modas secundan esta preferencia. Unha voltiña por Samil é suficiente para ver que a maioría leva chancletas e zocos de plástico, xusto o que non recomendan os podólogos.
Camiñar con chancletas, zocos de plástico sen suxeción no calcaño e con sandalias completamente planas contribúen a desenvolver lesións musculares como as escordaduras e deformidades como os xoanetes ou dedos de garra
"As fascites plantares son moi comúns no verán porque baixos a garda, camiñamos moito cun calzado inadecuado como pode ser a chancleta. O sistema de almofadado de pe e os osiños sofren. O ideal é que as solas das sandalias teñan certo grosor e que teñan un pouquiño de tacón", conta a TVG a podóloga Leticia Arnáiz, da clínica Leticia Arnáiz en Vigo.
É importante botar protección solar para evitar as queimaduras severas, outra lesión común dos pes en verán.