Izan, un capitán de oito anos, construíu unha réplica do Titanic en Nigrán
Coa axuda do seu tío Fernando, emulou cada detalle do barco orixinal
A nave que botaron mide máis de seis metros e nela poden navegar dúas persoas
Todo comezou cando o seu pai lle amosou uns vídeos do Titanic. A partir de aí, foi crecendo en Izan a fascinación polo afundimento máis famoso da historia. Buscou libros, exposicións, películas e documentais para coñecelo todo sobre o tema.
Un día, o seu tío Fernando preguntoulle se querería unha réplica "xigante" do barco, e o pequeno non dubidou. Puxéronse mans á obra. Izan encargábase dos planos e de revisar o avance do traballo.
En catro meses acabaron de construír o seu propio Titanic. Mide máis de seis metros de eslora e ten dous de altura. Todos os seus detalles están calcados do orixinal, mesmo as chemineas: das catro que ten, tres botan fume e a cuarta é decorativa.
Agora, botaron o barco e o pequeno capitán xa puido navegar nel.