Cargando resultados...
Os temporais arrastran ao mar obxectos grandes, un grave risco para a navegación
As autoridades piden colaboración para alertar de calquera incidencia deste tipo para evitar accidentes
O buque Irmáns García Nodar remolcou esta semana o flotador dunha batea que aboiaba á deriva na ría de Arousa
G24.gal
13/02/2026 13:52
O buque Irmáns García Nodal do Servizo de Gardacostas da Xunta remolcaba hai uns días un flotador de grandes dimensións que os temporais arrincaron dalgunha batea na ría de Arousa. A presenza de obxectos de gran tamaño aboiando no mar aumenta coa sucesión de temporais e supoñen un serio risco para a navegación.
O mar acaba expulsando ás praias moitos destes elementos. O problema é que se non se limpan os areais, eses restos volven ao mar.
As autoridades inciden na importancia de alertar de calquera incidencia deste tipo para evitar accidentes.