Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stellantis Vigo suspende a súa quenda de noite este xoves por falta de pezas

Stellantis Vigo suspende a súa quenda de noite este xoves por falta de pezas

A ensamblase do Peugeot 2008 suspendese tamén na hora de traballo complementaria

G24.gal 26/06/2025 12:01

A fábrica viguesa do grupo automobilístico Stellantis decidiu suspender a quenda de noite deste xoves por falta de pezas, presentando novamente problemas de subministración.

Así, a dirección da planta olívica informou os traballadores de alteracións na actividade do centro debido a "dificultades no aprovisionamento de pezas" para o Peugeot 2008.

Por iso, o Sistema 1, onde se ensambla ese modelo, permanecerá parado esta noite, quedando tamén anulada a hora complementaria a plena cadencia que se previu no inicio desa quenda.

A pesar de que Stellantis Vigo superou a peor etapa sen subministración, debido a que tras a pandemia a factoría sufriu decenas de paradas pola falta de pezas, este xoves a planta volverá reducir a súa actividade polos mesmos motivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade