Novas

CONSORCIO PROVINCIAL BOMBEIROS A CORUÑA

Arde un vehículo na saída do aeroporto de Alvedro, en Culleredo

19/06/2025 12:28

O lume tamén afectou a masa forestal, polo que os labores de extinción fixéronse cunha motobomba


Celta e Wolverhampton pechan o traspaso de Fer López

19/06/2025 12:28

O equipo británico pagará 23 millóns de euros fixos e 2 en variables polo novo futbolista galego

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

The Rocket Future/REUTERS

Un foguete de SpaceX estoupa cando realizaba probas en terra

19/06/2025 12:26

A explosión produciuse ás 11 hora local e puido verse en directo nas retransmisións en redes sociais

SpaceX traballa coas axencias de seguridade locais para asegurar a zona

A compañía afirma que todo o persoal está a salvo e di que non hai riscos para as comunidades próximas


Sergio Carreira renova co Celta por tres tempadas con opción a outra

19/06/2025 12:13

A insistencia de Claudio Giráldez resultou fundamental para pechar a operación

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

Protesta dos traballadores de Einsa Print ante os xulgados de Ferrol en maio de 2023 (Europa Press)

Einsa Print confirma o despedimento de 90 traballadores en Galicia

19/06/2025 12:03

O expediente de regulación de emprego, segundo a CIG, supón "cesar a actividade produtiva na planta das Pontes" e tamén o despedimento dunha ducia de traballadores na sede de Madrid


Arquivo/Gustavo de la Paz/Europa Press

O noivo de Ayuso pide catro anos de prisión para o fiscal xeral por filtración de datos confidenciais

19/06/2025 11:45

González Amador solicita tamén 108.000 euros de multa, tres anos de suspensión de emprego e a inhabilitación de García Ortiz

Para a fiscal provincial de Madrid, pide tres anos de cadea como cooperadora necesaria 


Cae unha banda en Valencia que chegaba a elaborar ata 30 quilos de cocaína ao día

19/06/2025 11:27

25 persoas foron detidas nun operativo conxunto da Axencia Tributaria e a Policía Nacional

Etiquetas:  NARCOTRÁFICO

Detida unha muller nun operativo antidrogas na contorna da rúa Aragón de Vigo

19/06/2025 11:11

Axentes da Udyco levaron a cabo rexistros, e procedeuse á detención dunha muller


Diego Rey, un mestre no billar que busca o ascenso coa Sarriana

19/06/2025 11:11

Rey é o actual campión galego de Pool e de Snooker

Os sarriáns están a un partido de facer historia tras empatar a cero en Pulpí


A Fiscalía Europea cita a Barrabés como investigado por contratos recomendados por Begoña Gómez

19/06/2025 11:00

A Fiscalía Europea asumiu esa denuncia por afectar a adxudicación de diversos contratos para o desenvolvemento de actividades de formación, financiadas polo Fondo Social Europeo, dado que esta institución é a encargada de investigar os delitos que atenten contra os intereses financeiros da UE


Un coche queda atrapado nunha fochanca en Brión tras ceder o firme baixo unha das rodas

19/06/2025 10:55

Sucedeu este mércores sobre as 7 da tarde na avenida de Santa Minia, preto da rotonda que enlaza coa autovía Santiago-Noia

A Policía Local, o GES de Brión e a Garda Civil colaboraron para retirar o vehículo e valar a zona

A causa podería ser unha fuga de auga baixo o asfalto, segundo os técnicos de mantemento


Arde unha vivenda ocupada en Betanzos

19/06/2025 10:46

O edificio queimouse na rúa Saavedra Meneses, en Tiobre

Non houbo feridos nin danos persoais



O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero (Jesús Hellín/Europa Press)

Sánchez, sen axenda oficial tras suspender a súa asistencia ao congreso de CCOO

19/06/2025 09:47

É o único acto na súa axenda institucional para este xoves

Asistirá no seu lugar a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero


Iván Cacho - DANIEL FERNANDEZ PEREZ - Arquivo

Iván Cacho toma posesión como deputado do PSOE en lugar de Santos Cerdán

19/06/2025 09:33

Cacho, que figurou como número tres na lista do PSOE para Navarra nas eleccións xerais de 2023, prometeu acatar a Constitución ao comezo do pleno

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  PSOE   SANTOS CERDÁN

REUTERS/Ammar Awad

Un mísil iraniano impacta contra un hospital no sur de Israel

19/06/2025 08:55

O artefacto provocou importantes estragos no edificio, pero non houbo vítimas porque fora evacuado uns días antes

A última vaga de ataques deixa arredor de corenta feridos en Israel; seis deles tiveron que ser hospitalizados

"Os tiranos de Teherán pagarán polo que fixeron", asegura o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu

Tel Aviv anuncia que intensificará os ataques contra obxectivos estratéxicos de Irán

Categorías:  Política   Mundo
Etiquetas:  ISRAEL   IRÁN

En Samos rexistráronse esta madrugada máis de 27 ºC

Galicia despide a primavera con temperaturas de verán

19/06/2025 08:53

En moitas localidades superáronse esta noite os 25 graos


O presidente ruso Vladimir Putin durante un discurso (Mikhail Metzel / Europa Press)

Putin desdeña o rearmamento occidental e cre que alcanzará os seus obxectivos en Ucraína

19/06/2025 08:32

Sobre os supostos plans do Kremlin de atacar un país membro da Alianza Atlántica, asegurou: "Son unha parvada, se se ten en conta que o orzamento militar da OTAN é de 1,3 billóns de dólares"



(Europa Press)

Cando falla o sistema e tamén quen debe gobernalo, por María Bastida

19/06/2025 08:10

Durante 49 días, mentres cidadáns, empresas e institucións esperaban explicacións polo apagamento

Unha vista dun dron mostra partidarios da expresidenta reunidos na praza de Maio (Martin Cossarini/Reuters)

O peronismo mobilízase para apoiar a Cristina Fernández tras o seu apresamento

18/06/2025 23:18

Seguidores da exmandataria concentráronse para manifestarlle o seu apoio na praza de Maio, fronte ao palacio de presidencia

A expresidenta cumprirá na súa vivenda a condena a seis anos de prisión polo delito de administración fraudulenta


O Real Madrid de Xabi Alonso tropeza diante do Al Hilal (1-1)

18/06/2025 22:53

O canteirán Gonzalo marcou o primeiro gol do partido

Valverde fallou un penalti no engadido

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  REAL MADRID


Leire Díaz (Carlos Luján/Europa Press)

Un xulgado de Badaxoz investiga se Leire Díaz manobrou na causa do irmán de Pedro Sánchez

18/06/2025 21:36

Puido facelo a través de informacións negativas cara á xuíza instrutora, Beatriz Biedma, co obxecto de que fora arquivada a causa


Trump sopesa atacar Irán

18/06/2025 21:20

O presidente dos Estados Unidos culpa a Teherán de desaproveitar un acordo sobre o seu programa nuclear

O líder supremo iraniano advirte de que, se dá ese paso, as consecuencias serán "irreparables"

Categorías:  Política   Mundo
Etiquetas:  OS EUA   IRÁN

O incidente obrigou a cortar o tráfico na avenida principal do Milladoiro

Unha furgoneta calcinada nun incendio obriga a cortar o tráfico no Milladoiro (Ames)

18/06/2025 20:54

O home logrou saír a tempo, pero a furgoneta quedou completamente calcinada

Etiquetas:  INCENDIO

Pablo Lago, alcalde de Brión

PP e PSOE pactan en Brión para garantir a estabilidade ata final de mandato

18/06/2025 20:46

O acordo inclúe unha dedicación parcial para un edil popular, sen que entre no goberno

O BNG critica o pacto e advirte de "caciquismo" e falta de transparencia no Concello

Categorías:  Política   Galicia   Brión
Etiquetas:  PPDEG   PSDEG

O tiro á ra converteuse nunha auténtica afección en Guitiriz, xurdida durante a pandemia

18/06/2025 20:40

Acaban de crear un club nesta localidade

A actividade comezou logo do coronavirus, para animar os veciños a saír e participar en actos o aire libre

Xurdiu dunha xornada dedicada aos xogos tradicionais, onde viron que este era o que máis éxito tiña entre maiores e pequenos

Etiquetas:  XOGOS

Ramón Alzorriz, nunha comparecencia do pasado día 13 (Efe/Jesús Diges)

Dimite o número 2 do PSOE navarro por ocultar que a súa parella traballaba na empresa relacionada con Cerdán

18/06/2025 20:34

Ramón Alzórriz afirmou que el non tiña coñecemento de que Cerdán era partícipe en Servinabar e explicou que a súa noiva "tiña traballo precario e empezou a traballar aí en mellores condicións"


Puric podería ser o primeiro xogador que intercambian o Rácing e o Tondela

18/06/2025 20:34

Os dous equipos son propiedade do Grupo Elite e o serbio xogaría na Primeira División portuguesa


Probables bŕetemas en toda a costa

18/06/2025 20:33

Categorías:  O Tempo

Varias persoas refréscanse na praia de Doniños, en Ferrol (Kiko Delgado/EFE)

Galicia roza os 40ºC este mércores e prepárase para outra xornada con alerta amarela por calor

18/06/2025 20:17

Para este xoves mantense activa a alerta amarela por altas temperaturas, á que se suma o aviso por tormentas na montaña de Ourense


O Deportivo Abanca incorporará "seis ou oito xogadoras" para dar un salto de nivel

18/06/2025 20:15

Lograda a permanencia na Liga F o Deportivo Abanca prepara a vindeira temporada disposto dar un
Categorías:  Deportes   Deportivo
Etiquetas:  DEPORTIVO ABANCA

A Reserva Federal ignora de novo a Trump e mantén os tipos de xuro por cuarta vez consecutiva

18/06/2025 20:13

Decidiu mantelos no rango obxectivo do 4,25 % ao 4,50 %

O presidente da Reserva, Jerome Powell, sinalou que hai unha incerteza "inusualmente elevada" e apuntou que as expectativas de inflación a curto prazo subiron, cos aranceis como factor impulsor

Trump denuncia "motivos políticos" e pídelle que rebaixe os tipos un 2 %


Uber comeza a operar en Vigo sen os permisos necesarios

18/06/2025 20:13

Expóñense a multas de entre 2.000 e 6.000 euros por vehículo


Iberdrola acusa a Red Eléctrica de xestión "temeraria e neglixente" pola apagada de abril

18/06/2025 20:02

A compañía defende a actuación do seu persoal e anuncia medidas legais para protexer os seus dereitos

Culpa a falta de control da tensión e a ausencia de enerxía síncrona no sistema

Aelec ve "preocupante" que Red Eléctrica non asuma as súas responsabilidades técnicas

Red Eléctrica asegura que se as centrais cumprisen, o apagamento non se produciría


Pablo Isla, antigo conselleiro delegado de Inditex/CINVEN/ Foto de arquivo

Pablo Isla, expresidente de Inditex, presidirá Nestlé a partir de 2026

18/06/2025 19:31

O consello propón a súa designación en substitución de Paul Bulcke, que deixa o posto

Etiquetas:  INDITEX

A estación intermodal de Santiago xa leva o nome de Daniel Castelao

18/06/2025 19:22

Está previsto que a pasarela entre as terminais de tren e bus se inaugure a próxima semana

O novo aparcadoiro en altura executarase nos vindeiros meses


Imaxe do paciente no hospital Álvaro Cunqueiro/Sergas

O Cunqueiro convértese no primeiro hospital de España en administrar terapia xénica contra a hemofilia B

18/06/2025 18:30

Trátase do único tratamento eficaz ata o momento para o tratamento curativo da hemofilia B 

O número de pacientes con diagnóstico de HB en Galicia é de 51 pacientes

Galicia, primeira comunidade en tratar con terapias xénicas a hemofilia tipo B


Vixilantes da confraría de Malpica nos arredores preto do cabo San Hadrián e as illas Sisargas

Gas pementa contra o furtivismo en Malpica

18/06/2025 17:25

A confraría dispuxo uns días da autorización para usalo nas vixilancias 

Publicidade
Publicidade