Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca incorporará "seis ou oito xogadoras" para dar un salto de nivel

O Deportivo Abanca incorporará "seis ou oito xogadoras" para dar un salto de nivel

G24.gal 18/06/2025 20:15

Lograda a permanencia na Liga F o Deportivo Abanca prepara a vindeira temporada disposto dar un salto de nivel. Para iso, o responsable do equipo dentro da entidade branca e azul, Kevin Cabado, anunciou que farán un esforzo para asinar "seis ou oito xogadoras" e conseguir mellorar as prestacións dun cadro que sufriu ata a penúltima xornada para acadar a permanencia. 

Unha delas xa está asinada polo Deportivo. Trátase da ex xogadora do Real Madrid Olaya, "unha xogadora que seguiamos desde hai moitos anos e que ten o ADN Dépor" asegurou Cabado. 

As prioridades para o adestrador Fran Alonsso son "a portería, o lateral esquerdo e o ataque". Baixo paus o obxectivo é renovar a Inés Pereira pero saben do complicado que será reter á porteira internacional portuguesa, máis despois do seu bo papel ao longo do campionato. 

O máis importante para Cabado é que "todas as xogadoras ás que se lle presentou oferta de renovación, aceptaron" malia que moitas delas tiveron un papel destacado esta temporada na Liga F e chamaron a atención doutros equipos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade