Publicador de contidos

Publicador de contidos

Puric podería ser o primeiro xogador que intercambian o Rácing e o Tondela

Puric podería ser o primeiro xogador que intercambian o Rácing e o Tondela

Os dous equipos son propiedade do Grupo Elite e o serbio xogaría na Primeira División portuguesa

G24.gal 18/06/2025 20:34

O Grupo Elite, propietario do Rácing de Ferrol e que adquiriu recentemente o Tondela de Portugal, podería facer a primeira operación entre os seus dous equipos. Trátase do intercambio do central serbio Aleksa Puric. Con contrato no equipo departamental ata 2027 estaba claro que non ía seguir no Rácing en Primeira Federación. Unha boa opción que está a piques de completarse é a de mandalo ao Tondela, co que xogaría a Primeira División de Portugal. Un escaparate interesante para un dos mellores do cadro departamental esta temporada. 

Puric foi o segundo con máis minutos sobre o céspede, só superado por Josep Señé. O seu gran físico (case dous metros de estatura) e o poderío aéreo chamaron a atención nunha Segunda División á que se aclimatou moi cedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade