Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uber comeza a operar en Vigo sen os permisos necesarios

Uber comeza a operar en Vigo sen os permisos necesarios

Expóñense a multas de entre 2.000 e 6.000 euros por vehículo

G24.gal 18/06/2025 20:13 Última actualización 18/06/2025 20:42

Dúas xornadas leva xa Uber operando en Vigo e tras a tensión vivida o martes en varios puntos da cidade o clima relaxouse este mércores.

De momento están operando sen licenzas nin permiso.

Por iso os taxistas consideran que son un agravio comparativo para eles e que ademais non posúen tarifas reguladas polo que poden cobrar o que queiran, aínda que o prezo estea avisado antes de facer o traxecto.

Entre os cidadáns as opinións divídense hainos favorables ao novo transporte e hai quen considera que se debería primar os taxis porque pagan os impostos aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade