Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia roza os 40ºC este mércores e prepárase para outra xornada con alerta amarela por calor

Galicia roza os 40ºC este mércores e prepárase para outra xornada con alerta amarela por calor

Para este xoves mantense activa a alerta amarela por altas temperaturas, á que se suma o aviso por tormentas na montaña de Ourense

Varias persoas refréscanse na praia de Doniños, en Ferrol/Kiko Delgado/EFE Varias persoas refréscanse na praia de Doniños, en Ferrol/Kiko Delgado/EFE
G24.gal 18/06/2025 20:17

Moitos puntos de Galicia rozaron este mércores os 40ºC de temperatura máxima e prepárase así para unha nova xornada que se manterá con alerta amarela por calor e que, neste caso, virá acompañada de alerta por tormentas.

Tal e como recolle Meteogalicia, o valor máis alto rexistrouno Ourense con 38.8 graos ás 19:00 horas. Outras localidades como Leiro (Ourense), Ribas de Sil (Lugo) e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) tamén rexistraron valores similares, superiores aos 37 graos.

Aínda que as temperaturas máximas baixaron lixeiramente, cando superaron os 40 graos en moitas localidades, as altas presións non abandonan a comunidade.

Para este xoves mantense activa a alerta amarela por altas temperaturas, á que se suma o aviso do mesma cor por tormentas na montaña de Ourense. Segundo informa Meteogalicia, a masa de aire norteafricana continuará sobre Galicia con chuvascos tormentosos no interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade