Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos buscan refuxios climáticos nas cidades

Os galegos buscan refuxios climáticos nas cidades

Coa chegada da calor as sombras e as fontes son os mellores sitios para refrescarnos

G24.gal 19/08/2026 21:26

Os veráns galegos son cada vez máis calorosos, os datos falan de que o pasado mes de xullo foi a mais cálido dende que se recollen os rexistros. Non e raro ver temperaturas, por exemplo, que se achegan aos 40 graos no chan dos parques infantís. Ante iso, son moitos os que buscan nas cidades pequenas refuxios climáticos en forma de fontes ou sombras.

"Son estupendos. Agora mesmo eu busco refuxio e estes lugares son marabillosos. Dende fai uns anos o vexo necesario. En Galicia antes tiñamos un clima mais frío e chuvioso e no verán tiñamos un par de semanas de verán, pero agora temos moito máis calor e sol en toda Galicia", din os veciños sobre a necesidade de ter refuxios climáticos.

E todo fai indicar que nos próximos anos as temperaturas seguiran medrando. É por iso que o mellor consello e sempre buscar o noso refuxio climático favorito e pasar mellor uns meses onde os termómetros chegan a asustar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade