Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta e Wolverhampton pechan o traspaso de Fer López

Celta e Wolverhampton pechan o traspaso de Fer López

O equipo británico pagará 23 millóns de euros fixos e 2 en variables polo novo futbolista galego

G24.gal 19/06/2025 12:28 Última actualización 19/06/2025 14:07

O Celta e o Wolverhampton chegaron a un acordo para o traspaso do atacante Fer López ao conxunto británico, que pagará 23 millóns de euros fixos e 2 en variables polo futbolista galego, informaron a Efe fontes próximas á operación.

Fer López, unha das maiores promesas da canteira celeste, viaxou a Wolverhampton para pasar o recoñecemento médico e asinar o seu novo contrato co equipo da Premier League, no que se reencontrará co dianteiro noruegués Jorgen Strand Larsen, que asinou polos Lobos o pasado verán.

O canteirán, de 21 anos e con contrato co Celta ata xuño de 2028, deu o salto ao primeiro equipo esta pasada tempada. Debutou na Copa do Rei ante o San Pedro a finais de novembro, e desde entón participou en 17 partidos de Liga, nos que acumulou 668 minutos e marcou dous goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade