Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump sopesa atacar Irán

Trump sopesa atacar Irán

O presidente dos Estados Unidos culpa a Teherán de desaproveitar un acordo sobre o seu programa nuclear

O líder supremo iraní advirte que, se dá ese paso, as consecuencias serán "irreparables"

Antón Montero 18/06/2025 21:20 Última actualización 18/06/2025 21:29

O Goberno confirma que os Estados Unidos despregaron nas últimas horas avións de abastecemento nas bases españolas de Rota e Morón.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, admitiu que "é verdade que os Estados Unidos están utilizando as bases, pero sempre dentro dos límites do acordo que temos entre os dous países".

O movemento chega en plena ameaza estadounidense de intervir no ataque a Irán.

O propio Donald Trump falaba abertamente desa opción: 
"Pode que o faga, pode que non, ninguén sabe o que vou facer", dixo.

O presidente dos Estados Unidos lamenta que o réxime iraniano desaproveitase os 60 días que lle ofreceu para chegar a un acordo sobre o seu programa nuclear.

O líder supremo de Irán, o aiatolá Jamenei, di que habería "danos irreparables" se Trump dá ese paso e insistiu en que o seu país non se vai render.

No terreo, segue o intercambio de golpes entre Israel e Irán. 

O exército israelí di que atacou nas últimas horas 40 obxectivos militares e unha fábrica de centrifugadoras para enriquecer uranio.

A televisión iraniana tamén amosou as imaxes dunha sede da Media Lúa Vermella bombardeada e outras dun dron israelí derrubado, o primeiro que recoñece o exército hebreo.

No medio desta escalada, un galego, Alfonso Díaz, espera que a embaixada española o evacúe de Teherán. Ía camiño de Xeorxia e a guerra atrapouno na capital iraniana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade