Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel ataca obxectivos militares e Irán responde co lanzamento de mísiles

Israel ataca obxectivos militares e Irán responde co lanzamento de mísiles

É a quinta noite de ataques israelís en territorio iraniano

O exército israelí anuncia que interceptou 30 drons iranianos 

Os ataques de Israel causaron 229 mortos e máis dun milleiro de feridos dende o inicio do conflito, segundo as autoridades iranianas

directo Majid Asgaripour/WANA/REUTERS
G24.gal 17/06/2025 08:42

Israel anunciou este luns a destrución de decenas de instalacións de almacenamento e lanzamento de mísiles iranianos en varias vagas de bombardeos contra obxectivos militares no oeste de Irán. O país persa respondeu con mísiles dirixidos a territorio israelí.

O Exército israelí tamén anunciou a intercepción duns 30 drons lanzados dende Irán. O lanzamento de drons produciuse nunha das noites máis calmas desde que comezou a escalada con Irán, na que a república islámica disparou menos de 10 mísiles contra territorio israelí, segundo os informes do Exército recollidos pola prensa local.

Neste bombardeo quedarían feridas cinco persoas nun aparcadoiro no centro do país, segundo o servizo nacional de ambulancias israelí.

En total, Irán disparou polo menos 380 mísiles balísticos contra Israel desde que comezou a escalada. Na súa maioría foron interceptados, aínda que as autoridades israelís estiman que se produciron uns 30 impactos.

Israel comezou a bombardear Irán na madrugada do venres sinalando os avances no programa nuclear da república islámica e a ameaza que supón para o país a súa manufactura de mísiles balísticos.

Desde entón, a súa aviación atacou infraestruturas militares (sistemas de defensa aérea, almacéns de mísiles balísticos...) e plantas nucleares (Natanz, Isfahán e Furdu), pero tamén a altos cargos da Garda Revolucionaria iraniana ou científicos nucleares.

En Irán os ataques causaron polo menos 229 mortos e máis dun milleiro de feridos. Mentres, en Israel, os lanzamentos de mísiles iranianos mataron a 24 persoas, segundo o servizo de emerxencias nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade