Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergio Carreira renova co Celta por tres tempadas con opción a outra

Sergio Carreira renova co Celta por tres tempadas con opción a outra

A insistencia de Claudio Giráldez resultou fundamental para pechar a operación

G24.gal 19/06/2025 12:13 Última actualización 19/06/2025 14:07

Sergio Carreira pecha a súa renovación co Celta, selando unha ampliación de tres tempadas con opción a unha cuarta campaña. Carreira continuará, como mínimo, ata 2028, coa posibilidade de que se estenda ata 2029.

A insistencia de Claudio Giráldez resultou fundamental para pechar a operación. O técnico porriñés fixo forza para que o carrileiro vigués continúe no persoal celeste, xa que o considera un xogador importante dentro do novo proxecto do EuroCelta.

Desta forma, Garcés consegue pechar unha operación prioritaria dentro do seu calendario. Despois de asinar a contratación de Radu para a portería e adquirir en propiedade a Ilaix Moriba, a renovación de Carreira era o seguinte paso na axenda do director deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade